Aureliano Pardo Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Aureliano Pardo Villar''', nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego. ==Traxec..."
 
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Aureliano Pardo Villar''', nado en [[Arzúa]] o [[18 de xaneiro]] de [[1882]] e finado en [[Padrón]] o [[13 de xaneiro]] de [[1957]], foi un frade e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominicano en setembro de [[1898]]. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Juan de Corias (Asturias) e os cinco últimos no de San Esteban de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia foille asignado o convento de Padrón (1909).
 
Foi director da Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e Bibliotecario e Sacristán Maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico ''[[Logos]]'' publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de ''Santoral gallego'' (1941). Colaborou en ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[El Ideal Gallego]]'' e ''[[La Voz de Galicia]]'' co pseudónimo de '''León Yebra Oliver'''. Foi membro da [[Real Academia Galega]] (1941).
 
== Obras ==
* ''Los dominicos en Santiago. Apuntes históricos'', 1953.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:MAb52QvuqxMJ:www.realacademiagalega.org/plenario%3Fp_p_id%3DManageChairs_WAR_ragportal%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D1%26_ManageChairs_WAR_ragportal_action%3DshowAcademic%26id%3D675+&cd=1&hl=gl&ct=clnk&gl=es&client=firefox-a Biografía na web da RAG]
 
{{ORDENAR:Pardo Villar, Aureliano}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Nados en Arzúa]]