Maryse Bastié: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Maryse Bastié''', nada o [[27 de febreiro]] de [[1898]] e finada o [[6 de xullo]] de [[1952]], foi unha aviadora [[Francia|francesa]].
 
== Traxectoria ==
Veu ó mundo en [[Limoges]] co nome de '''Marie-Louise Bombec''', o seu pai morreu cando ela tiña dez anos e para sobrevivir tivo que poñerse a traballar nunha zapatería en canto tivo idade, os seus recursos económicos eran escasos, un matrimonio fracasado deixáralle un neno. Casou de novo cun piloto militar, Louis Bastié a quen coñeceu como madriña de guerra durante a [[Primeira Guerra Mundial]], adoptou o seu apelido consonte á norma francesa da época e quedou fascinada co mundo da aviación. O 15 de outubro de 1926 o seu compañeiro morreu nun accidente de aviación, ela xa con licenza de piloto desde 1925 non renunciou a pilotar e comezou a facer voos acrobáticos para gañar diñeiro e en 1927 mercou o seu propio aparello, un [[Caudron]] C.109.
 
=== Plusmarcas ===
Nos anos seguintes bateu todos os récords femininos de aviación ata totalizar dez. En 1929 permaneceu no aire 26 horas e 46 minutos, o cal constituíu un novo récord feminino, ó ano seguinte bateu o seu propio récord ata deixalo en 37 horas e 55 minutos. En 1931 bateu o récord de distancia feminina establecendo en 2.976 km.
 
Morreu no decurso dun festival aéreo en Lión ó despegar cun prototipo do [[Noratlas 2500]] que se estrelou.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da aviación|Bastie, Maryse]]