Sempre en Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 28:
No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, ''Adro'', comprende os artigos que dende [[Badaxoz]] escribiu para ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' en [[1935]]. A primeira parte escribiuna entre [[Valencia]] e [[Barcelona]] en [[1937]], orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en [[Madrid]], ''[[Nueva Galicia (Madrid)|Nueva Galicia]]''. A segunda parte escribiuna en [[Nova York]] e durante a viaxe que o levou a [[Buenos Aires]] en [[1940]]. O resto escribiuno en Buenos Aires entre [[1942]] e [[1943]].
 
== Contido ==
=== Adro ===
Constituído por 14 capítulos que apareceran como artigos co título xenérico de "Verbas de chumbo" n' ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', teñen como eixo o posicionamento de Castelao no seo do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] verbo da súa orientación ideolóxica e da súa alianza co centro esquerda español, o que chocaba coa orientación do ata entón principal ideólogo do [[Galeguismo (política)|galeguismo]], [[Vicente Risco]], e que conduciría á súa marcha do PG.
 
Castelao realizou algunhas modificacións ó texto dos artigos, na maior parte de tipo lingüístico ou de estilo.
 
=== Libro I ===
Escrito durante a [[Guerra Civil española]], o texto apareceu no xornal ''Nueva Galicia'' entre [[xullo]] de [[1937]] e [[setembro]] de [[1938]] co título de ''Verbas de chumbo'', agás a primeira que apareceu co título ''Nós''. De novo publicouse en ''[[Nova Galiza]]'' de [[Barcelona]] tamén entre os anos 1937 e 1938. Castelao pensou en publicar un libro con estes textos co título de ''Verbas de chumbo'', pero o desenvolvemento da guerra impediu que se editase. Trala derrota da república, Castelao modificou o texto para axeitalo á nova situación política.
 
O libro xira arredor do problema político galego e da súa resolución, a consideración de [[Galicia]] como nación e o repaso do posicionamento dos diferentes grupos políticos ante o problema nacional e analiza as vantaxes dunha república federal, a historia do galeguismo e do Estatuto.
 
=== Libro II ===
Este libro comezouno a escribir Castelao en [[Nova York]] ó alborexar [[1940]]. Consta de 26 capítulos que finalizou no paquebote que o levaba á Arxentina e estaba pensado como unha segunda parte do libro anterior (''Verbas de chumbo'') para reflectir o afastamento político de Castelao das forzas republicanas motivado pola actitude destas cara ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]] e a súa actitude política no exilio.
 
=== Libro III ===
Este libro, que consta de 35 capítulos, escribiuse durante o desenvolvemento da [[Segunda Guerra Mundial]], entre [[febreiro]] de [[1942]] e [[abril]] de [[1943]], no que se albiscaba un triunfo dos aliados que levase á desfeita do réxime franquista e reflicte unha posición política pragmática e posibilista, de colaboración cos republicanos españois. É o libro máis ideolóxico de todos os que compoñen o ''Sempre en Galiza''.
 
=== Libro IV ===
Este libro non figuraba na primeira edición senón que foi engadido na segunda edición ([[1961]]) con textos escritos por Castelao entre [[1947]] e [[1948]], tralo seu paso polo goberno de [[José Giral]] e a súa volta á Arxentina desilusionado coa situación política. Os sete capítulos do libro céntranse no federalismo. No capítulo primeiro inclúe o comezo do discurso ''[[Alba de Groria]]'' pronunciado no Teatro Arxentino de Buenos Aires o [[25 de xullo]] de [[1948]].
 
== Bibliografía ==
* Beramendi, J. e Villares R. ''Actas Congreso Castelao'', Santiago de Compostela, 2 vol., 1989
* Eduardo Blanco Amor, ''Castelao escritor'', Sada, 1986
* Ramón Máiz, Edición crítica de ''Sempre en Galiza'', Santiago de Compostela, 1992
* Henrique Monteagudo, ''Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego'', Vigo, 2000
 
{{Castelao}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obras literarias de 1944]]