Xohana Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Xohana Torres Fernández''', nada en [[Santiago de Compostela]] o [[22 de novembro]] de [[1931]], é unha escritora galega.
 
== Traxectoria ==
Viviu a súa infancia e mocidade en [[Ferrol]], cidade á que se mantén afectivamente vinculada e na que foi alumna de [[Ricardo Carballo Calero]]. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixe en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, ''Teresa''. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.
 
Liña 8:
Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e dende hai moitos anos reside en [[Vigo]], onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, ''[[Raíz e Tempo]]'', en ''[[La Voz de Vigo (emisora)|La Voz de Vigo]]'', e onde se desenvolve a acción da súa única novela ''[[Adiós, María]]'' (1970).
 
Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da [[literatura galega]] da segunda metade do [[século XX]]. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da [[ franquismo|ditadura franquista]], contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.
 
A proposta de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] e [[Salvador García-Bodaño]] ingresou na [[Real Academia Galega]] o 27 de outubro do [[2001]].
 
== Obra ==
O seu labor como escritora comeza en revistas como ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]'' (1953), ''[[Vida Gallega]]'', ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' (1962) e ''[[Grial (revista)|Grial]]'' (1963).
 
Liña 23:
Deixando a un lado as etiquetaxes da crítica, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutible, calidade recoñecida co [[Premio da Crítica de poesía galega|Premio da Crítica]] en 1980, polo poemario ''Estacións ao mar''.
 
== Listaxe de publicacións ==
=== Poesía ===
* ''[[Do sulco]]'' ([[1957]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
* ''[[Estacións ao mar]]'' ([[1980]], Galaxia).
* ''[[Tempo de Ría]]'' ([[1992]], [[Espiral Maior]]).
* ''Ferrol, corazón de navío'' ([[2001]], [[Edicións A Nosa Terra|A Nosa Terra]]).
* ''[[Poesía reunida (1957-2001)]]'' ([[2004]], [[PEN Clube de Galicia]]).
 
=== Teatro ===
* ''[[Á outra banda do Iberr]]'' ([[1965]], Galaxia).
* ''[[Un hotel de primeira sobre o río]]'' ([[1968]], Galaxia).
 
=== Novela ===
* ''[[Adiós, María]]'', ([[1971]], [[Ediciones Galicia]] do [[Centro Galego de Buenos Aires]]).
 
=== Literatura infantil ===
* ''[[Polo mar van as sardiñas]]'' ([[1967]], Galaxia).
* ''[[Pericles e a balea]]'' ([[1984]], La Galera, Barcelona).
 
=== Ensaio ===
* ''[[San Andrés de Lonxe]]'', mitos e ritos, Premio Federico Maciñeira.
* ''Eu tamén navegar'' (2001, Real Academia Galega).
 
=== En publicacións colectivas ===
* ''Polos camiños da literatura: escritores galegos do [[PEN Clube de Galicia|PEN]]'' (1993, [[Xunta de Galicia]]/PEN Clube).
* ''Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas'' ([[1997]], [[Fundación Rosalía de Castro]]).
* ''Antoloxía consultada da poesía galega [[1976]]-[[2000]]'' ([[2003]], [[Tris Tram]]). Por [[Arturo Casas]].
* ''[[Carlos Casares]]. A semente aquecida da palabra'' (2003, [[Consello da Cultura Galega]]).
* ''Poemas pola memoria ([[1936]]-[[2006]]'' (2006, Xunta de Galicia).
* ''Poetas e Narradores nas súas voces. II'' (2006, Consello da Cultura Galega).
* ''Poemas para [[Carmen Blanco]]'' ([[2010]], Libros da Cebra).
* ''To The Winds Our Sails'' (2010, Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés.
* ''Tamén navegar'' ([[2011]], [[Toxosoutos]]).
 
=== Traducións ===
* ''O abeto valente'' de [[Jordi Cots]] ([[1966]]).
* ''O globo de papel'' de Elisa Vives de Fábregas (1966).
* ''Unha nova terra'' de Francisco Candel ([[1967]]).
* ''O demo Rapatú'', adaptación de Miquel Desclot ([[1979]], Galaxia).
* ''Así foi'' de [[Rudyard Kipling]], con María Dolores Martínez Torres (1992, Galaxia).
 
== Premios ==
* Finalista do I Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por ''Á outra banda do Íberr''.
* [[Premio Castelao de Teatro]] galego no 1966, por ''Un hotel de primeira sobre o río''.
* Gañadora do [[Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires]] no 1971, por ''Adiós, María''.
* Gañadora do Premio de Etnografía ''[[Federico Maciñeira]]'' da [[Deputación da Coruña]], polo seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe.
* [[Premio Pedrón de Ouro]] no 1972, polo labor cultural en beneficio de Galicia.
* [[Premio da Crítica de poesía galega|Premio da Crítica]] no 1981, por ''Estacións ao mar''.
* Premio á creación feminina da Xunta de Galicia no 1992.
 
== Influencias estilísticas ==
Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están os seguintes:
* [[Aquilino Iglesia Alvariño]]
* [[Álvaro Cunqueiro]]
* [[Celso Emilio Ferreiro]]
* [[William Butler Yeats]]
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XohTorre&alias=Xohana+Torres&solapa=biografia Biblioteca Virtual Galega].
* [http://escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=155 Escritoras.com] {{es}}.
* [http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=T&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=1019 Biografía e Discurso de Ingreso na RAG].
 
{{ORDENAR:Torres Fernandez, Xohana}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]