Xaime Quessada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Xaime Quesada Porto''', coñecido artisticamente como '''Xaime Quessada''', nado en [[Ourense]] o [[14 de xullo]] de [[1937]] e falecido en [[Vilar de Astrés, Ourense|Vilar de Astrés]] o [[30 de decembro]] de [[2007]]<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=248234 Morre ós setenta anos o creador Xaime Quessada], [[Galicia Hoxe]]</ref>, foi un pintor, escultor e escritor galego.
 
== Traxectoria artística ==
[[Ficheiro:A Fada e o Dragón, Xaime Quessada, Vigo.JPG|miniatura|300px|''A fada e o dragón'', 2006, no Paseo de Alfonso XII de [[Vigo]].]]
Formouse na [[Escola de Belas Artes de San Fernando]], en [[Madrid]]. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado [[Os Artistiñas]] por [[Vicente Risco]] (a canda [[Virxilio]], [[Xosé Luís de Dios]], [[Acisclo Manzano]] ou [[Manuel García de Buciños|Buciños]]). Obtén a medalla de ouro na [[Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959]]. Trasládase a vivir a [[París]] en [[1962]], e posterioremente móvese a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde traballa na década dos oitenta para a [[Unesco]] como artista nun proxecto sobre o [[Quixote]].
 
Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en [[Goya]] (como a súa serie negra) e mais en [[Picasso]], con numerosas versións do [[Guernica (cadro)|Guernica]] e do [[minotauro]].
 
== Exposicións e obras ==
Os seus murais e lenzos de grande tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o [[Museo Nacional de Arte Moderno de México]], o [[Museo do Pobo Galego]], ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do [[Teatro Principal de Ourense]], no [[Parlamento de Galicia]] e diversas esculturas públicas na cidade de [[Ourense]].
 
Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros.
[[Ficheiro:Ourense, Xaime Quessada.JPG|miniatura|300px|En Ourense.]]
== Obra literaria en castelán ==
=== Narrativa ===
* ''El recristo del Baraña: trágica y singular historia'', La galería Novecento, [[1981]].
* ''Lucenza'', [[Sotelo Blanco]], [[1989]] (prólogo de [[Manuel Vázquez Montalbán]]).
* ''Cuentos crueles'', [[Ronsel]], [[2005]].
 
== Obra escrita en galego ==
=== Conversas ===
* ''Conversas con Xaime Quessada'', de [[Olegario Sotelo Blanco]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]], [[1991]].
 
== Datos persoais ==
O seu fillo, [[Xaime Quesada Blanco]], tamén foi pintor. Xaime Quessada foi soterrado no camposanto de [[Señorín, O Carballiño|Señorín]].
 
Foi un coñecido militante da [[UPG]] e posteriormente do [[Partido Comunista de Galicia]] en [[Ourense]].
 
== Premios ==
* [[Medalla Castelao]] en [[2004]].
* [[Premios da Crítica Galicia|Premio da Crítica Galicia]] [[2008]] na categoría de "Ciencias e Artes da Representación".
* Fillo predilecto da [[provincia de Ourense]] a título póstumo ([[2009]]).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* ''Conversas con Xaime Quesada'', [[Olegario Sotelo Blanco]], [[1991]]
 
{{ORDENAR:Quessada, Xaime}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia]]