Carlos Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
| web = [http://www.carlos-nunez.com/ www.carlos-nunez.com]
}}
'''Carlos Núñez Muñoz''', nado en [[Vigo]] o [[16 de xullo]] de [[1971]], é un [[músico]] [[Galiza|galego]] de virtuosismo excepcional, considerado como un dos mellores [[gaita|gaiteirogaiteiros]]s do mundo.
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Vigo]] en 1971 nunha familia comunista (o seu pai, Carlos Núñez, era un dos líderes do [[PCG]]), e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, era invitado para tocar na [[Orquestra Sinfónica de Lorient]] e en 1989 gravou xunto ao grupo irlandés [[The Chieftains|'''The Chieftains''']] a banda sonora da película [[A illa do tesouro]], cos que seguiría colaborando até ser coñecido como ''o sétimo Chieftain''. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de [[Matrícula de Honra]] e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento [[frauta doce|frauta de pico]] polo Real Conservatorio Superior de Música de [[Madrid]].
 
Liña 26:
[[Ficheiro:Carlos Nuñez.JPG|miniatura|Carlos Núñez en [[Madrid]] en 2005.]]
 
== Obra discográfica ==
En 1996 publica o seu primeiro disco, ''[[A Irmandade das Estrelas]]'' que supuxo o ''boom'' da música celta en España. Neste disco, Núñez centrase sobre todo na exploración da súa [[Galiza]] natal con influencias irlandeses.
 
Liña 37:
Carlos Núñez tamén editou un álbum recompilatorio de grandes éxitos con varios cortes novos chamado ''[[Todos os mundos]]'' e en 2004 editou un CD+DVD que contén un concerto gravado en Vigo co título de ''Carlos Núñez & Amigos'' coas súas cancións máis emblemáticas. Núñez tamén participa na [[banda sonora orixinal|banda sonora]] da película de [[Alejandro Amenábar]] ''[[Mar adentro]]''.
 
== Colaboracións ==
Unha característica fundamental de Carlos Núñez e a súa música é a de colaborar con todo tipo de músicos de calquera nacionalidade tanto na gravación dos seus discos como nas súas actuacións en directo. A ''Carlos Núñez banda'' coa que toca en directo componse de reputados músicos como o seu irmán Xurxo Núñez -percusionista-, Pancho Álvarez -guitarrista e violinista- e [[Begoña Riobó]] -violinista-.
 
Así, Núñez colaborou con destacados artistas españois como [[Vicente Amigo]], Carles Benavent, [[Luz Casal]], [[Kepa Junkera]] ou [[Carmen Linares]]. De entre os moitos músicos internacionais cos que tocou ou gravou destacan [[The Chieftains]] e os seus integrantes [[The Chieftains|Paddy Moloney]], [[The Chieftains|Sean O'Ríada]] e o defunto [[The Chieftains|Derek Bell]]. Ademais deles, cabe destacar a [[Dan Ar Braz]], Jackson Browne, [[Phil Cunningham]], [[Ry Cooder]], [[The Dubliners|Ronnie Drew]], Frankie Gavin, [[Supertramp|Roger Hodgson]], [[Paddy Keenan]], [[Noa]], Máirtin O'Connor, [[Liam O`Flynn]], [[Dulce Pontes]], [[Madredeus|Teresa Salgueiro]], [[Sharon Shannon]], [[Capercaillie|Donald Shaw]] e [[La Vieja Trova Santiaguera]].
 
== Discografía ==
* ''[[A Irmandade das Estrelas]]'' ([[1996]])
* ''[[Os amores libres]]'' ([[1999]])
* ''[[Mayo longo]]'' ([[2000]])
* ''[[Todos os mundos]]'' ([[2002]])
* ''[[Almas de Fisterra]]'' ([[2003]])
* ''[[Almas de Fisterra Edición Especial]]'' ([[2003]])
* ''DVD [[Carlos Núñez & Amigos]]'' ([[2004]])
* ''[[Cinema do mar]]'' (versión francesa, [[2005]])
* ''[[Cinema do mar]]'' (versión española, febreiro de [[2007]])
* ''[[Alborada do Brasil]]'' ([[2009]])
* ''[[Discover]]'' ([[2012]])
* ''[[Inter Celtic]]'' ([[2014]])
 
== Galería de imaxes ==
{{Galería
|title=
Liña 67:
}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.carlos-nunez.com/lang-pref/gl/ Páxina web oficial]
* [http://youtube.com/watch?v=G0MjE9PN-Jc Vídeo musical: "O pozo de Arán"]
 
{{ORDENAR:Nunnez Munnoz, Carlos}}
.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
[[Categoría:Gaiteiros]]
[[Categoría:Frautistas]]
[[Categoría:Premios da Cultura Galega]]
[[Categoría:Medallas Castelao]].
[[Categoría:Nados en Vigo]]
[[Categoría:Nados en 1971]]