Diferenzas entre revisións de «Constantino García»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Constantino García González''', nado en [[Oviedo]] o [[20 de xullo]] de [[1927]] e falecido en [[Santiago de Compostela]] o [[23 de outubro]] de [[2008]], foi un lingüista e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Logo de formarse nas universidades de [[Universidade de Oviedo|Oviedo]], Madrid e Bonn, en [[1965]] chegou á [[Universidade de Santiago]] para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do [[Instituto da Lingua Galega]] en [[1971]] e do [[Centro Ramón Piñeiro]] en [[1993]], e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En [[1982]] ingresa na [[Real Academia Galega]], entidade da que foi secretario entre [[1997]] e [[2001]].
 
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo<ref>[http://www.vieiros.com/nova/69847/finou-constantino-garcia-fundador-do-ilg-e-do-centro-ramon-pineiro Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro], [[Vieiros]], 24/10/2008</ref>, retirouse da actividade cultural e intelectual.
 
== Obra ==
* ''Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense'' ([[1960]]).
* ''Léxico de la comarca compostelana'' ([[1974]]).
* ''Galego onte, galego hoxe'' ([[1976]], Universidade de Santiago).
* ''Recantos da lingua'' ([[1982]], [[La Voz de Galicia]]).
* ''Retrincos da lingua'' (1982).
* ''Glosario de voces galegas de hoxe'' ([[1985]]).
* ''Temas de lingüística galega'' (1985).
* ''Follas da lingua'' ([[1987]]).
* ''Cousas da lingua'' ([[1989]]).
* ''Cartafol da lingua'' ([[1990]]).
* ''Peneirando palabras'' ([[1990]]).
* ''Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro'' ([[1991]]).
* ''Tesouros da lingua'' ([[1993]]).
* ''Glosas da lingua'' ([[1995]]).
* ''El castellano de Galicia'' ([[1998]]).
* ''[http://www.cirp.es/pub/docs/varios/OLibroDasPalabras.pdf O libro das palabras]'' ([[2003]]).
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Garcia Gonzalez, Constantino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega]]
393.002

edicións