Perfecto Pereiro Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo erros e cat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Perfecto Pereiro Castro''', nado en [[Lalín]] en [[1871]] e falecido na vila de [[Silleda, Silleda, Silleda|Silleda]] o [[6 de agosto]] de [[1947]], foi un empresario galego.
 
== Traxectoria ==
En 1915 fundou a Hidroeléctrica de Silleda. Anos máis tarde, construíu unha pequena central hidroeléctrica no [[Río da Gouxa|río da Mera]] ao seu paso pola parroquia de [[Ponte, Silleda|Ponte]] ([[Silleda]]). Esta sería a primeira fábrica de luz do concello, que serviría para que a vila de Silleda e as parroquias que a rodeaban tivesen luz eléctrica. Na década de [[1940]] levantou unha nova central a carón do [[río Deza]] á altura da [[Ponte Taboada]], na marxe esquerda do río, na parroquia de [[Prado, Lalín|Prado]] ([[Lalín]])<ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/02/01/cien-anos-luz-silleda/1176147.html Cien años de luz en Silleda] en Faro de Vigo (Consultado o 13/11/2015)</ref>.
 
Grazas á electricidade producida polas centrais, Pereiro e a súa familia estiveron ao cargo de diversos negocios, como un serradoiro, un muíño eléctrico, un ultramarinos ou un café, que funcionou como sala de cine. Este, coñecido como o ''Cine de Pereiro'', foi o primeiro establecemento destas características co que contou Silleda, que botou a andar arredor de [[1934]]<ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/04/16/primer-cine-silleda/1221392.html El primer cine de Silleda] en Faro de Vigo (Consultado o 13/11/15)</ref>.
 
Trala súa morte en 1947, os seus fillos venderon as centrais hidroeléctricas a [[Cesáreo Sánchez Alonso]], coñecido como Bastián e veciño da parroquia de [[Graba, Silleda|Graba]], que continuou co desenvolvemento eléctrico no concello de Silleda.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Pereiro Castro, Perfecto}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Lalín]]