Xosé Baldomir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
 
'''Xosé Baldomir Rodríguez''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[26 de novembro]] de [[1867]] e finado o [[1 de febreiro]] de [[1947]], foi un [[Música|músico]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Discípulo de [[Marcial Torres del Adalid]]. Deu clase na [[Escola de Belas Artes da Coruña]], interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino", da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros" e dos coros e orquestra das Fillas de María. En [[1906]] foi invitado a dar un recital no Ateneo de [[Madrid]] e tamén realizou unha xira por [[España]], [[Francia ]] e [[Portugal]].
 
Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes ([[1905]]), da Real Academia de [[Belas Artes]] de San Fernando ([[1922]]) e numerario da [[Real Academia Galega]] ([[1941]]).
 
== Obra ==
Entre as súas obras destacan as óperas ''A Virxe do Cristal'' e ''Santos e Meigas'', e as obras instrumentais ''Oratorio'' e ''Poema sinfónico''. Creou obras sobre a base de poemas de [[Rosalía de Castro|Rosalía]] ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), [[Eduardo Pondal|Pondal]] ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), [[Ramón Cabanillas|Cabanillas]] ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), [[Curros Enríquez|Curros]] ("¿Cómo foi?") e de outros poemas casteláns. Desenvolveu actividades de musicoloxía recollendo temas tradicionais galegos para ''Cantos y bailes populares de España'', de [[José Irizanga]] e ''Cancionero Musical Popular Español'', de [[Felipe Pedrell]] <ref>[http://www.galegos.info/detalle.php?id=636&tabla=galegos Biografía] en [http://www.galegos.info Galegos.info]</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.arkivmusic.com/classical/albumList.jsp;jsessionid=1B3FA0389CD32847E7BE51D86FD8E9FB?name_id1=594&name_role1=1&bcorder=1 Discos con gravacións de obras súas]
* [http://www.mundoclasico.com/critica/vercritica.aspx?tipo=D&id=0008359 ''La canción gallega de Ravel''], de Xoán M. Carreira.
 
{{ORDENAR:Baldomir Rodriguez, Xosé}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]