Diferenzas entre revisións de «Wassily Kandinsky»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
 
=== Madurez ===
No ano [[1910]] fai a súa primeira [[acuarela]] abstracta, na que "(...) nas manchas máis escuras predominan dúas cores, o vermello e o azul, que evidentemente están relacionadas porque sempre están xuntos. O vermello é unha cor cálida e tende a expandirse; ó azul é frío e tende a contraerse a si mesmo. Kandinsky non aplica a lei dos contrastes simultáneos senón que a comproba; e segundo os casos, é dicir, segundo os impulsos que sinte, válese de ámbalas dúas para que se limiten ou se impulsen mutuamente. Hai tamén signos lineais, filiformes; son, en certo modo, indicacións de posibles movementos, son trazas que suxiren a dirección e o ritmo das manchas que vagan polo papel. Poñen en movemento a toda a acuarela(...)" ([[Giulio Carlo Argan|Argan]]).
 
Na ''Composición IV'' de [[1911]], as figuras están tan simplificadas, a cor é tan arbitraria e o espazo tan confuso que é imposible distingui-lo tema sen a referencia dos cadros anteriores da serie. Especialmente desorientador para o espectador é o xeito no que se usa a liña, tanto como elemento independente, ou ben como límite para a cor.
 
 
En [[1913]] unha obra súa preséntase no ''Armory Show'' de [[Nova York]] e, ó estoura-la [[Primeira Guerra Mundial]], volve a Rusia, instalándose en [[Moscova]], ata o ano [[1921]].
 
A partir da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución de Outubro]] do ano [[1917]], Kandinsky desenvolve un traballo administrativo para o Comisariado do Pobo para a Educación; entre os proxectos deste organismo está a reforma do sistema educativo das escolas de arte. En [[1920]] foi un dos fundadores en Moscova do INKhUK (Instituto para a Cultura Artística), ó longo dese ano xurdiu o conflito entre Kandinsky, [[Kasimir Malevitch|Malevitch]] e outros pintores idealistas fronte ós [[produtivismo|produtivistas]] (ou [[Construtivismo (arte)|construtivistas]]), [[Vladimir Tatlin]] e [[Alexander Rodchenko]]. Este último grupo atopou un forte apoio no "plan de propaganda monumental", ideado polas autoridades políticas da Revolución. A situación de tensión propiciou a saída de Kandinsky de Rusia.
 
En [[1922]] trasládase a [[República de Weimar|Weimar]] ([[Alemaña]]), onde imparte clases teóricas para a [[Bauhaus|Escola da Bauhaus]]. En [[1926]] publícase o seu libro ''Punto e liña sobre o plano. Contribución á análise dos elementos pictóricos'', unha continuación orgánica do seu traballo anterior ''Do espiritual no arte''. Permanecerá na [[Bauhaus]] ata o ano [[1933]] cando o [[Terceiro Reich]] clausura a institución.
 
{{ORDENAR:Kandinsky, Wassily}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores modernistas]]
393.002

edicións