Edvard Munch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo que [[Leonardo da Vinci]] estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma a [[soidade]] (''Melancolía''), a [[angustia]] (''O berro''), a [[morte]] (''Morte dun bohemio'') e o [[erotismo]] (''Amantes'', ''O bico''). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.
 
== Biografía ==
Edvard Munch medrou en [[Christiania]] (agora [[Oslo]]). Ten parentesco co pintor [[Jacob Munch]] (1776 – 1839) e o historiador [[Peter Andreas Munch]] (1810 – 1863). A súa nai e unha das súas irmás morreron sendo el moi mozo, e outra das súas irmás foi diagnosticada cunha enfermidade mental. O seu pai estaba dominado por obsesións relixiosas. O seu pai instilou nos seus fillos un profundo temor para o inferno, asegurándolles que se pecaban de calquera modo serían condenados ao inferno sen esperanza de perdón. Munch pasou unha infancia con numerosas enfermidades e dos cinco irmáns orixinais tan só Andreas casaría morrendo uns poucos meses despois do casamento. Estes feitos poderían explicar a escuridade e o pesimismo de gran parte da obra de Munch. Máis tarde afirmou: "A enfermidade, a tolemia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e seguíronme durante toda a miña vida". Varias fontes modernas describen a enfermidade de Munch coma un caso probable de desorde bipolar. Munch consideraba esta personalidade conflitiva e un tanto desequilibrada como a base do seu xenio.
 
Liña 15:
Morreu en Ekely, preto de Oslo, pouco despois de seu octaxésimo aniversario. Deixou máis de 1.000 cadros, 15.400 gravados, 4.500 debuxos e acuarelas e seis esculturas á cidade de Oslo que construíu o Museo Munch en Tøyen no seu honor.
 
== Obras máis importantes ==
* 1985 - A moza enferma
* 1893 - [[O berro]]
* 1894 - Cinzas
* 1894-95 - [[Madonna (Edvard Munch)|Madonna]]
* 1895 - Puberdade
* 1895 - Autorretrato
* 1896 - Angustia
* 1896 - Celos
* 1897 - O bico
* 1897 - A danza da vida
* 1900 - Melancolía
* 1940-42 - Autorretrato: Entre o reloxo e a cama
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.malarze.walhalla.pl/galeria.php5?art=31 Art Gallery - Edvard Munch]
* [http://www.edvardmunch.info/ Edvard Munch]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Noruega|Munch, Edvar]]
[[Categoría:Nados no condado de Hedmark‎Hedmark]]
[[Categoría:Nados en 1863]]
[[Categoría:Finados en 1944]]