Antonio de Cora Sabater: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Antonio de Cora Sabater''', nado en [[Lugo]] o [[18 de outubro]] de [[1889]] e finado en [[Madrid]] o [[6 de xuño]] de [[1943]], foi un avogado e xornalista galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito nas universidades de [[Universidade de Madrid|Madrid]] e [[USC|Santiago de Compostela]]. Trasladouse a [[Lugo]] para formar parte da redacción de ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', do que foi director entre 1914 e 1927 e no que escribiu numerosos artigos utilizando o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación. Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Foi presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo. Foi designado maxistrado suplente na Audiencia de Lugo e apoderado dos exportadores de gando da provincia. En [[1927]] trasladou a súa residencia a [[Madrid]], onde continuou exercendo a avogacía, actuou como correspondente político de ''El Progreso'' e presidiu a Casa de Galicia.
 
{{ORDENAR:Cora Sabater, Antonio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Lugo]]