Camille Claudel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Camille_Claudel.jpg|miniatura|dereita|Camille Claudel.]]
'''Camille Claudel''', nada en [[Fère-en-Tardenois]] ([[Aisne]]) o [[8 de decembro]] de [[1864]] e finada en Montdevergues ([[Vaucluse]]) o [[19 de outubro]] de [[1943]], foi unha escultora [[Francia|francesa]].
 
== Traxectoria ==
Dende a súa infancia en Champagne, Camille foi unha moi apaixonada da escultura: xogaba co barro e esculpía ás persoas que a rodeaban, como o seu irmá Paul e a súa servente Hélène.
Naceu no seo dunha familia acomodada que se trasladou, sendo Camille aínda unha meniña, a [[Villeneuve-sur-Fère]] onde naceu o seu irmán, o poeta e diplomático [[Paul Claudel]], en 1868. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os verán sempre os pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasladouse a París. Camille tentou entrar na [[École des Beaux-Arts]], pero non a admitiron por ser muller, polo que alugou un estudio que compartiu con dúas americanas, entre as que estaba [[Jessie Lipscomb]], e onde lles daba clase un profesor da ''École'', ata que en 1883 este marchou a Roma pedíndolle a [[Auguste Rodin]] que o substitúa. Tras algunhas vacilacións este aceptou, coa condición que Camille vaia ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixara a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.
 
== Auguste Rodin ==
[[Ficheiro:Camille Claudel atelier.jpg|miniatura|left|250px|Camille Claudel no taller de Rodin, ca. 1899]]
Ten o seu encontro con Auguste Rodin en 1883, e o ano seguinte empeza a traballar no seu taller. Camille posa para el e colabora na realización das figuras da monumental As Portas do Inferno. A obra da escultora, a pesar de ser moi próxima á do seu mestre, ten o seu toque persoal e feminino, sen ser nunca unha copia; por iso, Octave Mirbeau proclamou o seu xenio. Ademais de ser unha das súas principais colaboradoras, foi tamén a súa amante e compañeira durante algúns anos; converteuse no seu modelo e a súa musa, inspirando obras como La danaie o Fugit Amor.
Liña 18:
A partir de 1905 a saúde mental de Camille comezou a degradarse, desaparecía por longos períodos de tempo, destruíu gran parte da súa obra e tiña crises de [[paranoia]]. Acusou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, viviu practicamente confinada no seu estudio.
 
== Declive ==
A partir de aí, sufriu sucesivas crises nerviosas que agudizarán cada vez máis e comezou a destruír as súas obras. Non tivo apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá seguían sendo hostís ás súa forma de vida e o seu irmán Paul estaba lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negou reiteradamente a internar á súa filla como lle pedían os seus familiares directos.
 
Liña 25:
En 1988 estreouse a película francesa ''Camille Claudel'', dirixida por Bruno Nuytten e con [[Isabelle Adjani]] e [[Gérard Depardieu]] nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Camille Claudel}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://german-uribe.blogspot.com/2010/07/llamarse-camille-claudel.html Llamarse Camille Claudel] Artigo do escritor [[Germán Uribe]] {{es}}
* [http://www.camille-claudel.fr "Camille Claudel por Reine-Marie Paris"] {{fr}}.
* [http://www.camilleclaudel.asso.fr/ ''Asociación Camille Claudel''] {{fr}}.
* [http://www.estudipuche.com/camille/Camille/Camille,_el_cortometraje.html ''Web da curtametraxe 'Camille', sobre Camille Claudel''] {{ca}} {{en}} {{fr}}.
* {{ca}} «[http://arxiudigital.ateneubcn.org/items/show/689 La dona artista i el poder : homenatge a Camille Claudel]» (audio). ''l'Arxiu de la Paraula''. [[Ateneu Barcelonès]], 2014.
 
{{ORDENAR:Claudel, Camille}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escultores de Francia]]
[[Categoría:Nados no departamento de Aisne]]