Lisardo Barreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m engado datiño
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Lisardo Rodríguez Barreiro''', máis coñecido como '''Lisardo Barreiro''', nado en [[Noia]] o [[7 de xaneiro]] de [[1862]] e finado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[14 de maio]] de [[1943]], foi un xornalista e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou farmacia e medicina en [[Santiago de Compostela]], e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con [[Alfredo Brañas]] e outros, o periódico ''[[El Ciclón]]'' e posteriormente o semanario ''[[El Tricornio]]'', do que foi director. Despois pasou a [[Ferrol]], onde dirixiu ''[[El Correo Gallego]]'', e foi redactor de ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[El Clamor del País]]'', ''[[El Clamor de Galicia (1881)|El Clamor de Galicia]]'', ''[[La Cítara]]''. Trasladouse a Madrid onde proseguiu o seu labor xornalístico, e en 1885 volveu a Galicia como inspector sanitario. Pouco despois estableceuse como farmacéutico en Vilagarcía de Arousa. Dirixiu ''[[El Rivereño]]'' de [[Ribeira]] (1892) e ''[[Mi Tierra (Vilagarcía de Arousa)|Mi Tierra]]'' de Vilagarcía (1897).
 
== Obra ==
É autor do libro de poemas ''Muestras sin valor'' ([[1884]]), da recompilación de reportaxes ''Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia'' ([[1890]]), do libro de poemas ''Escumas e brétemas galegas'' ([[1923]]) e dunha autobiografía titulada ''Evocaciones''. Escribiu tamén traballos de carácter científico, entre os que sobresaen ''El virrey de los metales'', ''La esencia de trementina'', ''El mildew'' e ''Riquezas olvidadas''. Ingresou na [[Real Academia Galega]] o [[22 de abril]] de [[1939]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editor= Centro Ramón Piñeiro|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-453-3736-X|páxina= |páxinas= 399-402|dataacceso=6 de novembro de 2013 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/narrec/NarradoresOcasionais.pdf}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.barbantia.org/dicionario/r/rodriguezbarreiro.htm Biografía no Dicionario de autores/as do Barbanza]
* [http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=77&card=ACA_CARD&day=15&month=4&year=2011&from=LIST&initial=R&letter=17&startIndex=1&count=100 Ficha na RAG]
 
{{ORDENAR:Barreiro, Lisardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]