Joan Peiró: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[FileFicheiro:Joan Peiró.jpg|mini]]
 
'''Joan Peiró Belis''', nado en [[Sants]] ([[Barcelona]]) o [[18 de febreiro]] de [[1887]] e fusilado en [[Paterna, València|Paterna]] ([[Provincia de València|València]]) o [[24 de xullo]] de [[1942]], foi un [[anarquismo|anarquista]] catalán. Foi ministro de Industria durante a [[Segunda República Española|Segunda República]].
 
== Traxectoria ==
Con oito anos comezou a traballar nunha fábrica de vidro barcelonesa, non podendo aprender a ler e escribir ata os vinte e dous. Seguiu traballando no sector do vidro, e xunto a outros compañeiros fundou a cooperativa do vidro [[:ca:Cristalleries de Mataró|Cristalleries de Mataró]], que nunca abandonaría. En 1907 casou con Mercè Olives, obreira téxtil, coa que tivo tres fillos (Joan, [[Josep Peiró|Josep]] e Liberto) e catro fillas (Aurora, Aurèlia, Guillermina e Mercè).
 
Liña 12:
No Congreso de La Comedia (1919) defendeu as federacións de Industria, que foron rexeitadas naquela ocasión.
 
== Os duros anos vinte ==
Durante a década dos anos vinte sufriu a represión desencadeada polo Estado e a patronal contra o movemento obreiro. Tan só en 1920 sufriu dous atentados e foi detido e encarcerado en [[Soria]] e [[Vitoria]].
 
Liña 21:
Criticou á [[UXT]] pola súa defensa de xurados mixtos durante aquela ditadura, e tamén a Pestaña, malia que coincidisen noutros aspectos. Tamén criticou ó sector máis anarquista do sindicato, e malia afiliarse á FAI, nunca militou nela, defendendo pola contra unha organización de masas e máis sindicalista, fronte ós grupos de acción e ás minorías de militantes dirixentes.
 
== República e Guerra Civil ==
En 1930 asinou o manifesto de «Intelixencia Republicana», polo que recibiu numerosas críticas internas que o levaron a retirar a sinatura. Seguiu defendendo as federacións de Industria, ata que no congreso da CNT de 1931 en Madrid conseguiu un apoio masivo fronte ás teses faístas. Nese mesmo congreso apoiou a ponencia sobre a «Posición da CNT fronte ás Cortes Constituíntes» na que se defendía que a proclamación da República podería supor un avance para a clase traballadora. Esta ponencia foi aprobada con algunhas modificacións pese á oposición dos sectores faístas que vían nela un apoio á maquinaria política burguesa.
 
Liña 34:
En 1938 entrou novamente no goberno, agora presidido por Negrín, aínda que non co rango de ministro, senón de comisario xeral de Enerxía Eléctrica, mantendo unha actitude antiderrotista e propoñendo unha certa revisión do anarcosindicalismo á luz do desarrollo da revolución e a guerra.
 
== Exilio, captura e morte ==
O 5 de febreiro de 1939 atravesou a fronteira francesa, sendo brevemente detido en [[Perpiñán]], desde onde se dirixiu a [[Narbona]] para reunirse coa súa familia. Máis tarde marchou a [[París]] para representar á CNT na [[Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles]] (JARE), consistindo a súa misión en sacar ós refuxiados cenetistas dos campos de concentración franceses e facilitarlles o seu traslado a [[México]].
 
Liña 45:
En maio de 1942 o fiscal formulou as acusacións, en xuño foille nomeado o defensor militar de oficio, e o 21 de xullo foi pronunciada a sentencia de morte. Tres días máis tarde sería fusilado xunto a outros seis cenetistas no campo de tiro de Paterna.
 
== Obras ==
* ''Trayectoria de la Confederación Nacional del Trabajo''.
* ''Ideas sobre Sindicalismo y Anarquismo''.
* ''Perill a la reraguarda''.
* ''Problemas y cintarazos''.
* ''Problemas del sindicalismo y del Anarquismo''.
 
=== Obras sobre Joan Peiró ===
* ''Juan Peiró. Teórico y militante del anarcosindicalimo español'' (Foil. Barcelona, 1978) Josep Peiró.
* ''La vida ejemplar y la muerte heroica de Juan Peiró Belis'' (2000, inédita). Josep Peiró.
* ''Inicis d´un sindicalista llibertari: Joan Peiro a Badalona (1905-1920)'' (Edicions Fet a Ma, 2005) Joan Zambrana e Jordi Albadalejo.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://hispanianova.rediris.es/general/articulo/014/art014.htm Artigo sobre o seu consello de guerra na revista Hispania Nova] (en castelán)
* [http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/peiro-sindicalismo-anarquismo.pdf ''Problemas del Sindicalismo y el Anarquismo'']
 
{{Sucesión | título = [[Secretario Xeral da CNT]] | período = 1922 - 1923 <br /> 1928 - 1929 | predecesor = [[Joaquín Maurín]] <br /> [[Segundo Blanco]] | sucesor = [[Paulino Díez]] <br /> [[Manuel Buenacasa]]}}
 
{{ORDENAR:Peiro, Joan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Ministros de España]]