Miguel Hernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Borro intento de vandalización da páxina
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
'''Miguel Hernández Gilabert''', nado en [[Orihuela]], [[provincia de Alacant]], o [[30 de outubro]] de [[1910]] e finado en [[Alacant]] o [[28 de marzo]] de [[1942]], foi un [[poeta]] e [[dramaturgo]] de especial relevancia na literatura castelá do [[século XX]]. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na [[Generación del 36|xeración do 36]], Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por [[Dámaso Alonso]] como «''xenial epígono da [[xeración do 27]]''».
 
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Naceu como segundo fillo home nunha humilde familia de [[Orihuela]] dedicada á crianza de gando. Pastor de cabras desde moi pequeno, Miguel foi escolarizado entre 1915 e 1916 no centro de ensinanza «Nuestra Señora de Monserrate», e entre 1918 e 1923 recibe educación primaria nas escolas do Ave María. En 1923 pasa a estudar o bacharelato no colexio de Santo Domingo de Orihuela, rexentado polos [[Sociedade de Xesús|xesuítas]]. En 1925 abandonou os estudios por orde paterna para dedicarse en exclusiva ó pastoreo, aínda que pouco tempo despois cursa estudios de dereito e literatura. Mentres coida o rabaño, Miguel le con avidez e escribe os seus primeiros poemas.
 
Por entón, o cóengo Luis Almarcha inicia unha amizade con Miguel e pon a disposición do mozo poeta libros de [[San Juan de la Cruz]], [[Gabriel Miró]], [[Paul Verlaine]] ou [[Virxilio]] entre outros. As súas visitas á Biblioteca Pública son cada vez máis frecuentes e empeza a formar un improvisado grupo literario xunto a outros mozos de Orihuela en torno á tahona do seu amigo Carlos Fenoll. Os principais participantes naquelas reunións son, ademais de Miguel e o propio Carlos Fenoll, o seu irmán Efrén Fenoll, [[Manuel Molina]], e José Marín Gutiérrez, futuro avogado e ensaísta que posteriormente adoptaría o pseudónimo de «[[Ramón Sijé]]» e a quen Hernández dedicará a súa famosa ''Elegía''. A partir deste momento, os libros serán a súa principal fonte de educación, converténdose nunha persoa totalmente autodidacta. Os grandes autores do [[Século de Ouro (literatura castelá)|Século de Ouro]]: [[Miguel de Cervantes]], [[Lope de Vega]], [[Calderón de la Barca]], [[Garcilaso de la Vega]] e, sobre todo, [[Góngora|Luis de Góngora]], converteranse nos seus principais mestres.
 
=== Segunda viaxe a Madrid ===
Tras este prometedor comezo marcha a [[Madrid]] por segunda vez para obter traballo, esta vez con mellor fortuna, pois logra primeiro ser nomeado colaborador nas Misións Pedagóxicas e máis tarde é escollido como secretario e redactor da enciclopedia ''Los toros'', sendo no futuro o seu director e principal redactor, [[José María de Cossío]], o seu máis fervente entusiasta. Colabora ademais con frecuencia en ''Revista de Occidente'', e mantén unha tórrida relación coa moi liberada pintora [[Maruxa Mallo]], que lle inspira parte dos [[soneto]]s de ''Rayo que no cesa''. Preséntase a [[Vicente Aleixandre]] e fai amizade con el e con [[Pablo Neruda]]; esta é a orixe da súa breve etapa dentro do [[Surrealismo]]a. A súa poesía por entón faise máis social e manifesta ás claras un compromiso político cos máis pobres e desherdados. En decembro de [[1935]] morre o seu fraternal amigo de toda a vida, Ramón Sijé, adicándolle a súa extraordinaria ''Elegía'', que provoca o difícil entusiasmo de [[Juan Ramón Jiménez]] nunha crónica do xornal ''El Sol''.
 
[[Ficheiro:Vilagarcía_GDFL051008_004.JPG|esquerda|miniatura|Escultura na súa memoria en [[Vilagarcía de Arousa]].]]
 
=== Guerra Civil ===
Ó estalar a [[Guerra Civil]], Miguel Hernández alístase no [[bando republicano]]. Hernández figura no 5º Rexemento e pasa a outras unidades nas frontes da [[batalla de Teruel]], [[Andalucía]] e [[Estremadura]]. En plena guerra, logra escapar brevemente a Orihuela para casar o 9 de marzo de [[1937]] con [[Josefina Manresa]]. Ós poucos días ten que marchar á fronte de [[Xaén]]. No verán de 1937 asistiu ó ''II Congreso Internacional de Escritores Antifascistas'', celebrado en Madrid e Valencia, e máis tarde viaxou á Unión Soviética en representación do goberno da República, de onde regresou en outubro para escribir o drama ''Pastor de la muerte'' e numerosos poemas recollidos máis tarde na súa obra ''El hombre acecha''. En 1938 nace o seu primeiro fillo, Manuel Ramón, que morre ós poucos meses e a quen está dedicado o poema ''Hijo de la luz y de la sombra'' e outros recollidos no ''Cancionero y romancero de ausencias'', e en xaneiro de 1939 nace o segundo, Manuel Miguel, a quen adicou desde o cárcere as famosas ''Nanas de la cebolla''. Escribe un novo libro: ''Viento del pueblo''. Destinado á 6ª división, pasa a Valencia.
 
=== Prisión e morte ===
En abril, o xeneral [[Francisco Franco|Franco]] declara concluída a guerra, cando se rematara de imprimir en Valencia ''El hombre acecha''; aínda sen encadernar, unha comisión depuradora franquista, presidida polo filólogo [[Joaquín de Entrambasaguas]], ordena a destrución completa da edición; porén dous exemplares que se salvaron permitirán reeditar o libro en [[1981]]. O seu amigo Cossío ofrécese a acollelo en Tudanca, pero o poeta decidiu volver a Orihuela. Pero alí corre moito risco e decide ir a [[Sevilla]] pasando por Córdoba coa intención de cruzar a fronteira de [[Portugal]] por [[Huelva]], pero a policía de Salazar entrégao á [[Garda Civil]]; do cárcere de Sevilla trasládano ó penal de Torrijos en Madrid, e alí, grazas ás xestións que realiza [[Pablo Neruda]] ante un cardeal, é posto en liberdade inesperadamente sen ser procesado en setembro de 1939. De volta a Orihuela, é delatado e detido, e xa na prisión da praza de Conde de Toreno en [[Madrid]], é xulgado e condenado a morte en marzo de 1940. Cossío e outros amigos intelectuais interceden por el e se lle conmuta a pena pola de trinta anos de reclusión. Pasa á prisión de Palencia en setembro de 1940 e en novembro ó Penal de Ocaña. En 1941 é trasladado ó Reformatorio de Adultos de Alacant. Da bronquite pasa ó [[tifo]], e este se lle complica con [[tuberculose]]. Falece na enfermería da prisión alacantina ás 5.30 da mañá do 28 de marzo de 1942, con 31 anos de idade. Dise que non puideron pecharlle os ollos, feito sobre o que o seu amigo [[Vicente Aleixandre]] compuxo un poema. É enterrado no [[nicho]] número 1.009 do camposanto da Nosa Señora do Remedio de Alacant, o 30 de marzo.
 
== Obras ==
=== Poesía ===
* ''Perito en lunas'', Murcia 1933 (Prólogo de Ramón Sijé).
* ''El rayo que no cesa'', Madrid 1936.
* ''Viento del pueblo. Poesía en la guerra'', Valencia 1937 (Prólogo de Tomás Navarro Tomás).
* ''El rayo que no cesa'', Bos Aires 1949 (Prólogo de José María Cossío. Inclúe poemas inéditos).
* ''Seis poemas inéditos y nueve más'', Alscante 1951.
* ''Obra escogida'', Madrid 1952 (Inclúe poemas inéditos).
* ''Cancionero y romancero de ausencias (1938–1941)'', Bos Aires 1958 (Prólogo de Elvio Romero).
* ''Antología'', Bos Aires 1960 (Selección e Prólogo de Mª de Gracia Ifach. Inclúe poemas inéditos).
* ''Obras completas'', Bos Aires 1960 (Ordenada por E. Romero. Prólogo de Mª de Gracia Ifach).
* ''El hombre acecha'', Santander 1961 (Facsímile da primeira edición de 1939 perdida na imprenta).
* ''Obra poética completa'', Madrid 1979 (Introdución, estudio e notas de Leopoldo de Luis e Jorge Urrutia).
* ''Veinticuatro sonetos inéditos'', Alacant 1986 (Edición de José Carlos Rovira).
 
=== Teatro ===
* ''Quién te ha visto y quién te ve y sombra de lo que eras'', Madrid 1929.
* ''El labrador de más aire'', Valencia 1937.
* ''Teatro en la guerra'', Alacant 1938.
 
== Vídeo-reportaxes en liña ==
* [http://video.google.es/videoplay?docid=208262040160543262&hl=es ''Miguel Hernández, el poeta del pueblo'']. Vicente A. Canales (1993).
* [http://video.google.es/videoplay?docid=-5237273883060838304&hl=es ''Con Miguel Hernández en Orihuela'']. Víctor Casaus.
* [http://video.google.es/videoplay?docid=4304950818330463905&hl=es ''Del yugo y del canto'']. J. Mallarach (Orihuela 1976).
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.amigosmiguelhernandez.org/ Asociación de Amigos de Miguel Hernández]. {{es}}
* [http://www.acamfe.org/acamfe/autor/hernandez_c.htm Centro Hernandiano de Estudios e Investigación]. {{es}}
Liña 70:
 
{{ORDENAR:Hernandez, Miguel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xeración do 27]]