Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Francisco Porto Rey''', nado na rúa do Carme do [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] ([[Vilagarcía de Arousa]]) o [[16 de xaneiro]] de [[1876]] e finado en [[Vigo]] o [[22 de maio]] de [[1941]], foi un xornalista e escritor galego e galeguista.
 
== Traxectoria ==
Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife (Santiago de Compostela)|El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'', ''Villagarcía-Carril'' e [[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]], e en ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario ''[[La Nación]]'' de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.
 
Liña 10:
O Concello de Vilagarcía de Arousa recoñeceu a súa obra e intervención social dándolle nome a unha das rúas da vila arousá<ref>[http://villagarcia-de-arosa.callejero.net/rua-francisco-porto-rey.html Rúa de Francisco Porto Rey], no rueiro de Vilagarcía.</ref> no barrio de Fontercarmoa<ref>[http://www.datocapital.com/es/rua-francisco-porto-rey-vilagarc%25C3%25ADa-de-arousa.html Rúa Francisco Porto Rey], en ''Dato Capital''.</ref>, cuxas rúas levan nomes de destacados escritores.
 
== Vida persoal ==
Fillo de Francisco Porto Codesido, primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre O Carril e Santiago de Compostela, e de Carmen Rey Formoso. Tivo oito irmáns(Manuel, Domingo, José, Moncho, Josefina, Luisa, Sara e "Tia" Ermitas). Josefina Porto Rey casou con Charles Lessner<ref name=":0">Fillo de [[Friedrich Christian Eduard Leßner]], xastre de orixe alemá exiliado en Londres pola súa militancia comunista, e afillado de [[Karl Marx]].</ref>, enxeñeiro da Galicia Railway Company que construíu devandita liña de ferrocarril. Ao seu finamento Charles Lessner foi soterrado no English Naval Cemetery de [[Rubiáns, Vilagarcía de Arousa|Rubiáns]]. A familia paterna dos Porto procede de [[Cerdedo]] e segundo informacións familiares teñen ascendencia procedente de [[Irlanda]], fuxido das persecucións por parte dos ingleses<ref name=":1">Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en ''La Voz de Galicia'' (1994)</ref>, no século XVII, posiblemente derivada da [[Flight of the Earls|''Flight of the Earls'']].
 
Casou coa mestra Antonia Casas Santiso (1857-1930) e tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e [[Manuel Porto Casas]], apresado tralo golpe de estado franquista pola súa militancia nacionalista.
 
== Obras ==
* ''Las mil y una composiciones'', 1894.
* ''Pisto'', 1894 (bilingüe).
* ''Diccionario gallego-castellano, 1900''
* ''Papel e tinta'', 1901 (poesía bilingüe, con prólogo de Lisardo Barreiro).
* ''Ilusiones'', 1903.
* ''O Alalá'', 1906 (diálogo en verso galego aparecido en ''[[Eco de Arosa]]'').
* ''Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas'', 1912.
* ''Fermosinda'', 1918.
* ''A tola de Sobrán'', 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Gran Enciclopedia Galega]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.patrimoniovilagarcia.com/francisco_porto_rey___a_sua_obra_ws36941.wsbl#!idb=9458138&idpnl=ad&idart=30992&pg2=0&anc=BlogDetail9458138 Biografía] en ''Patrimonio Vilagarcía''.
 
{{ORDENAR:Porto Rey, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]