Luís Bouza Trillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Luís Bouza Trillo de Figueroa''', nado en [[Vilagarcía de Arousa]] o [[1 de agosto]] de [[1869]] e finado na súa vila natal o [[29 de decembro]] de [[1941]], foi un xornalista e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario de [[Santiago de Compostela]], pero abandonouno para dedicarse ao xornalismo. Foi redactor de ''[[El Fin del Siglo]]'', fundou e dirixiu a revista ''[[La Estrella Galaica]]'', onde publicou relatos e poesías en galego e en castelán (ás veces cos pseudónimos Magdalena de Monteblanco ou Gonzalo), e en Vilagarcía ''[[Crónica Carrileña]]'' (1893). Marchou a [[Huelva]] como oficial primeiro de Obras Públicas en 1898. Regresou a Galicia e dirixiu en Vilagarcía ''[[El Faro de las Rías]]'' (1909), ''[[La Opinión (Vilagarcía de Arousa)|La Opinión]]'' (1912) e ''[[El Pueblo (Vilagarcía de Arousa)|El Pueblo]]'' (1913) e colaborou noutros periódicos (''[[La Integridad]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'', ''[[El Defensor de Granada]]'' e ''[[El Tea]]''). O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”.
 
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] foi tenente alcalde de Vilagarcía. Ao estalar a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi multado.
 
== Obras ==
Deixou varios libros inéditos, entre eles un poemario galego-castelán titulado ''Hojas Secas'' e ''Amor que mata'' (drama en castelán). A súa novela curta ''La Torre de Miadelo'' empezou a publicarse na ''Crónica Carrileña'' e os seus relatos ''Nubes de Otoño'', noutros xornais. Publicou dous relatos en galego en ''La Estrella Galaica'': "Xan Canitrote (conto popular)" e "O polisón".
 
== Vida persoal ==
Foi o pai de [[Fermín Bouza-Brey]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editor= Centro Ramón Piñeiro|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-453-3736-X|páxina= |páxinas= 41-42|dataacceso=9 de novembro de 2013 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/narrec/NarradoresOcasionais.pdf}}
 
{{ORDENAR:Bouza Trillo, Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]