Pío XI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Pío XI''', nado en [[Desio]] o [[31 de maio]] de [[1857]] e finado en [[Roma]] o [[10 de febreiro]] de [[1939]], foi o 259º [[papa]] da [[Igrexa Católica]] entre [[1922]] e [[1939]], bispo de [[Roma]] e soberano da [[Cidade do Vaticano]] desde [[1922]] ata a súa morte.
 
== Traxectoria ==
 
=== Primeiros anos e estudos ===
Nado como Achille Damiano Ambrogio Ratti en (Desio, naquela altura Reino de Lombardía-Venecia), cuarto fillo de Francesco Rati, director dunha fábrica téxtil, e de Teresa Galli. Comezou os seus estudos na escola elemental de Desio, e aos dez anos ingreso no Seminario Menor de Seveso, posteriormente estuda no Seminario de [[Monza]] e no Colexio de San Carlos de [[Milán]], onde remata os seus estudos secundarios.
 
Liña 14:
Ao mesmo tampo chamaa atención na súa biografía que era un excelente atleta, gran afeccionado ao alpinismo. De feito, foi dos primeiros en escalar o [[Mont Blanc]].
 
=== Milán ===
Comezou como profesor de oratoria sagrada e teoloxía dogmática no seminario de [[Milán]]. Máis tarde entrará a traballar como investigador na prestixiosa [[Biblioteca Ambrosiana]] da mesma cidade, onde chegou ó máis alto grao. Chamado por San [[Pío X, papa|Pío X]] a Roma, en [[1914]] convértese en Viceprefecto da [[Biblioteca Vaticana]].
 
Liña 45:
 
Algúns anos antes, en [[1931]], e coa colaboración dun dos inventores da [[radio (medio de comunicación)|radio]], o nobre italiano [[Guillermo Marconi|Marconi]], inauguráronse as transmisións de [[Radio Vaticano]], a través das cales a Igrexa manifestou dende entón as súas opinións a nivel mundial, xa que a emisora moi pronto desenvolveu transmisións en diversos idiomas, cousa que ata o presente continúa facendo.
=== Outras realizacións ===
* No ámbito intelectual e científico, dou un gran pulo a institucións como a [[Biblioteca Vaticana]], o Instituto Arqueolóxico ou a Pontificia Academia das Ciencias.
* No ámbito diplomático: estendeu as relacións da igrexa con múltiples países. Creou delegacións e nunciaturas e asinou concordatos. Os Secretarios de Estado do seu pontificado foron Gasparri, ata [[1930]] e [[Pío XII, papa|Eugenio Pacelli]], que o sucedería despois no Sede de Pedro.
* Tamén foi chamado o "Papa dos Xubileos": [[Ano Santo Romano]] de [[1925]], as súas [[Vodas de ouro]] sacerdotais en [[1929]], centenario da Redención [[1933]]-[[1934]]. E centenarios de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]], [[Tomé de Aquino]], [[Francisco de Asís|San Francisco]] e o [[Concilio de Éfeso]].
 
== Encíclicas ==
* [[Quadragesimo Anno]], sobre a chamada "cuestión social".
* [[Mit Brennender Sorge]], crítica ao [[nazismo]].
* [[Non Abbiamo Bisogno]], crítica ao [[fascismo]] italiano.
* [[Divini Redemptoris]], crítica ao [[comunismo]].
* [[Casti Connubii]], sobre a familia. Superada amplamente polo [[Concilio Vaticano II]].
 
{{Commons|Pius XI}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]