José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''José Monzo Ríos''', nado na [[A Tenencia, Sada, Sada|Tenencia]] ([[Sada]]) en [[1906]] e morto en Sada o [[19 de xuño]] de [[1938]], foi un [[sindicato|sindicalista]] [[anarquismo|anarquista]] galego.
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
De novo tivo que emigrar a [[Nova York]]. Na volta compaxinou os labores do mar, ao pertencer a unha familia mariñeira, co activismo sindical.
 
=== Carreira sindical ===
En novembro do [[1930]] fundou o [[Centro Cultural Obrero]], que daría lugar un ano máis tarde ao [[Sindicato de Oficios Varios de Sada]], inserido na [[CNT]], do que sería presidente. Coa proclamación da República, en [[1931]], crea o [[Grupo Anarquista Luz]], que se adheriría á [[Federación Anarquista Ibérica]], sendo substituído no [[1935]] polo grupo [[Grupo Anarquista Nueva Vida|Nueva Vida]], tamén integrado na [[FAI]]. De feito José Monzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do [[12 de febreiro]] do [[1935]] en [[Santiago de Compostela]], que daría lugar á saída da dirección da [[Confederación Rexional Galaica]] dos militantes moderados, entre eles o dirixente [[José Villaverde Velo]], sendo el un dos asinantes do manifesto no que se propuñan as bases para o desenvolvemento do anarquismo galego segundo os preceptos faístas. A súa participación na folga xeral do [[1933]] custaríalle unha tempada na cadea.
 
Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.
 
=== A Guerra Civil e a represión ===
No comezo da guerra, José Monzo e [[Juan Antonio Suárez Picallo]] organizarán, xunto a [[José Púbul]], o alcalde [[Antonio Fernández Pita]] e o ex alcalde e galeguista [[Justo Rodríguez Pérez|Justo Rodríguez]], a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o [[23 de xullo]], baixo a columna dirixidas por Oliete.
 
Liña 17:
No ano [[2003]] o Concello de [[Sada]] decidiu darlle o seu nome á rúa na que viviu. No [[2007]], aparecería tamén na placa que un grupo de veciños situaron na devantita localidade en homenaxe ás vítimas da represión franquista.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|coautores= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1|páxina= |páxinas= 177-178}}
* {{Cita libro |título= A CNT na Galiza, 1922-1936|nome= Dionisio|apelidos= Pereira|ligazónautor= Dionisio Pereira|coautores= |ano= 1994|editor= Laiovento|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87847-36-6}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4938/ Ficha en Nomes e Voces]
 
{{ORDENAR:Monzo Rios, Jose}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]