Félix Estrada Catoyra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Félix Estrada Catoyra''', nado en Porto Príncipe ([[Cuba]]) o [[26 de novembro]] de [[1853]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[14 de marzo]] de [[1938]], foi un médico e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Recepción de Castelao na Real Academia Galega, A Coruña, 25 de xullo de 1934.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: [[Sebastián González García-Paz|Sebastián González]], [[Eladio Rodríguez González]], [[Enrique Peinador]], [[Gonzalo López Abente]], Pura González Varela (muller de Lugrís), [[Celia Brañas y Fernández Miranda|Celia Brañas Fernández]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[David Fernández Diéguez]], [[Ángel del Castillo]] e [[Fernando Cortés Bugía]]. Sentados: [[Fernando Martínez Morás]], [[Castelao]], [[Manuel Lugrís Freire]], [[Antón Villar Ponte]] e Félix Estrada Catoyra.<ref>Recepción de Castelao na [[Real Academia Galega]] na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de xullo]] de [[1934]].</ref>]]
Fillo de Domingo Estrada, natural de [[Betanzos]], e Ramona Catoyra. Estudou Medicina e Farmacia en Santiago e A Habana. En [[1877]] ingresou no Corpo de Sanidade do Exército, e ao ano seguinte embarcou para [[Cuba]]. Foi catedrático de Historia Natural e Zootecnia da Escola de Agricultura de Cuba. Regresou a España en [[1895]]. Ascendeu a maior e pasou ao Hospital Militar da Coruña. En 1906 foi destinado a [[Segovia]]. En [[1910]] foi nomeado sub-inspector médico, e regresou á [[A Coruña|Coruña]] ao ano seguinte como médico de Capitanía e xefe de servizos do Hospital Militar, retirándose en 1915. Ingresou na [[Real Academia Galega]] o 8 de agosto de [[1921]], e foi o seu tesoureiro (1924-1938). De 1924 a 1926 foi presidente do Círculo de Artesáns, sobre o que publicou o libro ''Contribución a la Historia de A Coruña''. Entre [[1931]] e [[1936]] foi concelleiro e tenente de alcalde do Concello coruñés.
 
== Obras ==
* ''Reseña de la reconquista de Vigo''.
* ''Estado social de Galicia en la Edad Media''
* ''Los Ejércitos gallegos durante la Guerra de la Independencia'', 1916.
* ''Contribución a la Historia de A Coruña'', 1930.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=E&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=282 Ficha na RAG]
* [http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/09/07/732055.shtml Artigo] en ''[[La Voz de Galicia]]''
 
{{ORDENAR:Estrada Catoyra, Felix}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]