Eduardo Puente Carracedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Eduardo Puente Carracedo''', coñecido como '''O Nécoras''', nado en [[Santiago de Compostela]] en 1887 e finado na mesma cidade o [[28 de xuño]] de [[1937]], foi un sindicalista e librepensador galego.
 
== Traxectoria ==
Nado nunha familia de panadeiros. Foi un dos fundadores da Juventud Liberal e participou nun mitin en lembranza de Ferrer i Guardia en [[1910]]. Emigrou a [[Arxentina]] e destacou en [[Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur|Tierra de Fuego]] como un dos alicerces da Federación Obrera de Magallanes, pasou un ano na prisión de Usuhaia e foi deportado en [[1921]]. Retornou a Santiago de Compostela e foi asesor do Sindicato de Panaderos La Espiga da [[CNT]]. A mediados dos anos 20 dirixiu o negocio familiar afastándose da organización obreira. Na República fíxose célebre por rexentar unha taberna no Pombal denominada El Infierno e polas súas actitudes anticlericais. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] buscou refuxio nos restos do [[Castelo da Rocha Forte]], pero foi capturado, estivo preso e foi asasinado na ponte da Rocha, no lugar da Amanecida, en Compostela.
 
A súa vida serviu de inspiración para a novela ''[[Home sen nome]]'' de [[Suso de Toro]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|coautores= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1|páxina= 205}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4299/ Ficha en Nomes e Voces]
 
{{ORDENAR:Puente Carracedo, Eduardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]