José Sanjurjo Sacanell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 19:
As reformas militares de [[Manuel Azaña]] non gustan a Sanjurjo, especialmente a redución de efectivos do exército e o nomeamento de López Ferrer, un civil, como Alto Comisario en Marrocos, polo que mostra o seu desagrado.
 
== Segundo golpe de estado (A Sanjurjada) ==
{{artigo principal|A Sanjurjada}}
 
Liña 29:
 
=== Condenado á morte ===
Xulgado e condenado á morte, o goberno republicano non quixo repetir a actuación da Ditadura cos [[sublevación de Jaca|sublevados de Jaca]], polo que a condena á morte foille conmutada pola de cadea perpetua, sendo ingresado no [[Penal do Dueso]].
Posteriormente é trasladado á Prisión Militar do Castelo de Santa Catalina de Cádiz, onde recibe informacións dunha posible amnistia que finalmente obtén.
 
=== Amnistía ===
Cando, tras as eleccións de novembro de 1933, que deron o triunfo á coalición [[Partido Republicano Radical|radical]]-[[CEDA|cedista]], formouse o novo goberno, presidido por [[Alejandro Lerroux|Lerroux]], este propón a concesión dunha amnistía tanto a Sanjurjo como ao resto de militares implicados na sublevación. O Presidente da república, [[Niceto Alcalá-Zamora|Alcalá-Zamora]], resístese á firma do decreto e aínda que finalmente acéptao o último día do prazo legal, forza unha modificación do mesmo que impedía o retorno de Sanjurjo ao exército. Estas dilacións e a modificación do decreto provocan unha crise de goberno que fai dimitir a Lerroux, quen é substituído por [[Ricardo Samper]], marchando seguidamente Sanjurjo ao exilio en [[Estoril]] ([[Portugal]]).
 
== Terceiro golpe de estado (Inicio da Guerra Civil) ==
Liña 49:
O 20 de xullo o aviador [[Juan Antonio Ansaldo]] vai a Estoril a recollelo coa súa avioneta para trasladalo a [[Burgos]]. O aparello estrélase no despegue e Sanjurjo, que non ía ben retido no seu asento, morre no accidente. Segundo o piloto, o accidente produciuse polo exceso de equipaxe do que el, persoalmente, xa advertira ao xeneral. O piloto resulta ileso.
 
[[Emilio Mola|Mola]], o director do golpe de estado na organigrama golpista, nomea a [[Francisco Franco|Franco]] como o líder da sublevación. Isto conduciu a diversos rumores afirmando que Franco tivera que ver na morte do líder da rebelión, aínda que nunca apareceu ningunha proba que apoiase esta alegación.
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{ORDENAR:Sanjurjo, Jose}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Militares de España]]
[[Categoría:Guerra Civil española]]