Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Avelino López Otero''', nado en [[Acevedo, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín|Acevedo]], actualmente parte do concello de [[Ribeira de Piquín]] mais daquela pertencente ao concello de [[Meira]], en [[1903]] e finado o [[25 de setembro]] de [[1936]], foi un xornalista e político galego.
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a [[Cuba]] instalouse na [[A Coruña|Coruña]], onde foi correspondente de ''[[El Pueblo Gallego]]'', dirixiu en [[Lugo]] o semanario republicano ''[[Guión (Lugo)|Guión]]'' (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da [[masonería]], traballou como secretario do seu irmán, o político [[César López Otero]] e con el foi o promotor da constitución do concello de [[Ribeira de Piquín]], constituído o [[5 de marzo]] de [[1935]]. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|anteproxecto do Estatuto de Autonomía]] para a Asemblea que convocara o concello de [[Santiago de Compostela]] en [[1932]] e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois de pertencer á [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] e á [[Federación Republicana Gallega]], foi secretario xeral do [[Partido Republicano Gallego]] entre 1933 e 1934, ata que se integrou en [[Izquierda Republicana]].
 
Detido a raíz da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], morreu no Hospital de Lugo, onde fora trasladado o [[17 de setembro]] dende a prisión de Lugo a consecuencia das feridas das malleiras.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/16957/ Ficha en Nomes e Voces]
* [http://www.lugo.es/cs/represion/ficha.jsp?id=2851&tipo=1&letra=L&pagina=10 Ficha en Represión franquista en Lugo]
 
{{ORDENAR:Lopez Otero, Avelino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
381.175

edicións