Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Constante Liste Forján''', nado en [[Calo, Teo|Calo]] ([[Teo]]) o [[30 de xaneiro]] de [[1900]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[3 de outubro]] de [[1936]], foi un canteiro, sindicalista e político galego.
 
== Traxectoria ==
Canteiro de [[Teo]], era irmán de [[Enrique Líster]]. Foi fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Logo da vitoria de [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e Tenente Alcalde de Teo. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido e estivo preso no cárcere do [[Pazo de Raxoi]], de onde o sacaron para ser asasinado. O seu cadáver non apareceu.
 
== Recoñecementos ==
En [[2003]] púxeronlle o seu nome ao Centro Socio-Cultural da [[A Ramallosa, Lucí, Teo|Ramallosa]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/18513/ Ficha en Nomes e Voces]
* [http://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades/1581-enrique-lister-militar Xenealoxía Enrique Lister (militar)]
 
{{ORDENAR:Liste Forjan, Constante}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Concelleiros de Teo]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
381.175

edicións