Heinrich Rickert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Heinrich Rickert.jpg|miniatura|dereita|Heinrich Rickert]]
'''Heinrich Rickert''' (Dantzing, [[1863]] — Heidelberg, [[1936]]). [[Filosofía|Filósofo]] alemán. Profesor na Universidade de Friburgo desde 1891, onde tivo como alumno a [[Martin Heidegger]], sucedeu en 1916 a [[Wilhelm Windelband]] na cátedra de filosofía en Heidelberg. Integrado na escola [[Neokantismo | neokantiana]] de Baden desenvolveu unha "filosofía dos valores" como ''a prioris'' nos que fundar unha conceptualización científica no campo das '''''ciencias culturais'''''. Desta forma Rickert pensaba superar o relativismo historicista e completar ó mesmo tempo a reflexión kantiana sobre as ciencias da natureza. Os '''valores''' terían un rango ontolóxico propio diferente das realidades físicas e tamén psíquicas, pero podendo residir nun obxecto, transformándoo nun ''ben'', ou nos actos dun suxeito, converténdoo en algo ''valorable''. O obxectivo das ciencias culturais consistiría en poñer en relación os feitos por elas estudiados con algún valor. Agora ben, non concibe a valoración do investigador como unha arbitrariedade guiada subxectivamente, senón como unha actividade na que se debe constatar os valores que de ''feito'' actúan social e historicamente. É dicir, non se trata dunha valoración práctica ([[Ética]]), senón dunha valoración teórica ([[Ciencia]]). Pódese dicir que Rickert sitúase a medio camiño entre as filosofías naturalistas e as filosofías vitalistas que dominaron as primeiras décadas do século XX.
 
Como obras salientables mencionaremos ''Ciencias culturais e ciencias naturais'' (1899), ''Os límites da conceptualización naturalista'' (1896-1902) e ''Filosofía da vida'' (1920)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Alemaña|Rickert, Heinrich]]