Rogelio Caridad Pita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Rogelio Caridad Pita''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1874]] ou [[1875]] e finado en [[Ferrol]] o [[9 de novembro]] de [[1936]], foi un militar [[Galiza|galego]], fusilado polos franquistas ao pouco de comezar a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]] pola súa oposición á [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] na Coruña.
 
== Biografía ==
Ingresou no exército aos 17 anos. De tendencias republicanas, foi considerado habitualmente tamén [[masonería|masón]], aínda que existen autores que o desmenten<ref>[http://www.belt.es/bibliografia/HOME2_articulo.asp?id=535 Reseña do libro ''El ejército y la Masonería''], na que o seu autor, Manuel de Paz Sánchez, afirma que Caridad Pita, do mesmo xeito que outros militares habitualmente considerados masóns, carece de expediente ó efecto no [[Archivo General de la Guerra Civil Española]] de Salamanca</ref>. En [[1931]], ao proclamarse a [[Segunda República Española|República]], o Gobernador militar da Coruña ordenou ao entón coronel Caridad Pita, sacar as tropas á rúa. En troques, o coronel saíu só e en coche descuberto, a modo de acatamento da vontade popular. Tras ser sufocada a revolución de [[1934]] en [[Asturias]], foi enviado a [[Xixón]], caracterizándose por unha posición conciliadora.
 
Liña 10:
Permaneceu dous días retido no cuarto de bandeiras do Rexemento de Zamora, sendo posteriormente trasladado ao [[castelo de San Diego]] da Coruña. Encausado por un [[Consello de Guerra]] (24 de outubro de 1936, en Ferrol), e acusado de traizón, Caridad Pita foi condenado a morte e fusilado, xunto co xeneral [[Enrique Salcedo]] o [[9 de novembro]] no [[castelo de San Felipe]], en Ferrol, entoando vivas a España e á República. Tras combater no exército republicano, os seus fillos Carlos, Francisco, [[José Caridad Mateo]], Rogelio e Vicente, foron ao exilio trala fin da Guerra<ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/exilio.pdf Repertorio bibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega], septiembre de 2001.</ref>.
 
== Notas ==
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2093&pIdSeccion=2&pIdNoticia=62897 Setenta anos da traxedia de 1936], artigo no xornal La Opinión de A Coruña.
* [http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/la-escuadra-la-mandan-los-cabos.pdf A escadra a mandan os cabos], capítulo "A traición na Coruña".
* [http://www.leergratis.es/ferrol/guerrarepresionFerrol.htm Guerra Civil e Represión en Ferrol e Comarca].
 
{{ORDENAR:Caridad Pita, Rogelio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Militares de Galicia]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]