Enrique Mayer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Enrique Mayer Castro''', nado en [[Santiago de Compostela|Compostela]] en abril de 1861 e morto na mesma cidade en novembro de [[1931]], foi un gravador e [[acibeche|acibecheiro]]iro que colaborou en distintas revistas galegas de arte e [[arqueoloxía]] de primeiros de século XX.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Enrique Mayer Castro. Portada de Praterías (1889).jpg|miniatura|Xilografía de Enrique Mayer da portada de Praterías da [[Catedral de Santiago de Compostela]].]]
 
Liña 16:
Colaborou con [[Enrique Campo]] na recollida de material para a Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago en [[1909]], realizando con el diferentes debuxos de monumentos e outros elementos artísticos ó longo dunha viaxe pola provincia de Pontevedra -e parte da de Ourense- entre maio e outono dese ano. Durante esta viaxe, Mayer interesouse especialmente polos [[heráldica|escudos]] existentes nas zonas que estudaron.
 
É autor dunha pequena estatua do [[apóstolo Santiago]] en acibeche e prata que se expón no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Tesouro]] da [[Catedral de Santiago|catedral compostelá]]. O [[Museo de Pontevedra]], pola súa banda, conserva un bo número de láminas a plumiña de escudos, sartegos e inscricións, realizadas con gran minuciosidade.
 
Foi pai do tamén gravador santiagués [[Enrique Mayer Méndez]] (1907-2001), pai á súa vez dos tamén artistas Enrique e Santiago Mayer Viña.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Catálogo da exposición'' Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.
* [[Luís Alonso Girgado|ALONSO GIRGADO, Luís]]: ''Gelmírez. Hojas de otoño a primavera'' (1945-1946), en edición facsimilar do [[Centro Ramón Piñeiro]], Santiago de Compostela 1995.
* ''[[Gran Enciclopedia Galega]]'', Lugo 2003.
{{ORDENAR:Mayer}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]