Thomas Hardy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Thomashardy restored.jpg|miniatura|Thomas Hardy]]
 
'''Thomas Hardy''', nado en [[Stinsford]] o [[2 de xuño]] de [[1840]] e finado en [[Dorchester]] o [[11 de xaneiro]] de [[1928]], foi un poeta e novelista [[Inglaterra|inglés]].
 
== Traxectoria ==
Thomas Hardy naceu en Higher Bockhampton ("Upper Bockhampton" na actualidade), unha aldea na parroquia de Stinsford no leste de Dorchester en Dorset. O seu pai Thomas traballaba como tallador de pedra e construtor local, a súa nai Jemima era unha muller culta que lle proporcionou lecturas ata que foi á escola en Bockhampton aos oito anos de idade. Logo continuou os seus estudos en Dorchester, onde aprendeu latín e demostrou o seu potencial académico.<ref>Claire Tomalin (2007) ''Thomas Hardy: the Time-torn Man'' Penguin, pp.30,36.</ref> Como a familia de Hardy carecía de medios para que o fillo fora a universidade rematou os seus estudos á idade de dezaseis anos, entrando como aprendiz de John Hicks, arquitecto e restaurador de Dochester.<ref>Walsh, Lauren (2005) Introduction. ''The Return of the Native'' de Thomas Hardy. New York: Barnes & Noble Classics</ref>. En 1859 compuxo ''Domicilium'', os seu primeiro poema. En 1862 marchou a Londres como axudante dun arquitecto da capital e matriculouse no [[King's College]]. Consciente da división de clases e da súa inferioridade social, interesouse pola reforma social e estivo familiarizado coas obras de [[John Stuart Mill]]. Neste período o seu amigo [[Horatio Mosley Moule|Horace Moule]] deulle a coñecer os escritos de [[Charles Fourier]] e [[Auguste Comte]]. En 1867 volveu a Dochester para traballar de novo con Hicks e nese ano comezou a escribir a súa primeira novela, hoxe desaparecida, que tiña como título ''The Poor Man and the Lady''. Despois da morte de Hicks trasladouse a Weymouth para traballar co seu sucesor, Crickmay. En 1870 durante unha estadía en [[Cornualles]] para restaurar unha igrexa coñeceu á que sería a súa dona, [[Emma Lavinia Gifford]], casando en 1874.<ref>Hardy, Emma (1961) ''Some Recollections by Emma Hardy; with some relevant poems by Thomas Hardy''; ed. by Evelyn Hardy & R. Gittings. London: Oxford University Press</ref> En 1871 publicou de forma anónima a súa primeira novela, ''Desesperate Remedies'' que comezara a escribir dous anos antes. Seguíronlle ''Under the Greenwood Tree'' (1872), ''A Pair of Blue Eyes'' (1873) e ''Far from the Madding Crowd'' (1874), a primeira que tivo éxito e que lle permitiu deixar a arquitectura centrándose en escribir.
 
== Obra ==
Liña 10:
Hardy foi un realista vitoriano, na tradición de [[George Eliot]], mais tamén recibiu unha forte influencia nas súas poesías e nas súas novelas do [[Romanticismo]], especialmente de [[William Wordsworth]].<ref>Dennis Taylor, "Hardy and Wordsworth". Victorian Poetry, vol.24, no.4, Winter, 1986.</ref> [[Charles Dickens]] foi outra grande influencia.<ref>Gillian Beer (2009) ''Darwin's Plots''. Cambridge: Cambridge University Press.</ref> e coma el foi moi crítico con moito da sociedade vitoriana, aínda que Hardy focalizou máisa súa obra na declinante sociedade rural.
 
Aínda que Hardy escribiu poesía ao longo da súa vida e el considerábase a si mesmo principalmente un poeta, non publicou a súa primeira colección de poesía ata 1898 e na súa época gañou fama como autor de novelas como ''[[Far from the Madding Crowd]]'' (1874), ''[[The Mayor of Casterbridge]]'' (1886), ''[[Tess of the d'Urbervilles]]'' (1891) e ''[[Jude the Obscure]]'' (1895). Non obstante a partir da década de 1950 a súa poesía viuse recoñecida como unha gran figura poética, e exerceu unha influencia significativa nos , beginning in the 1950s Hardy has been recognised as a major poet; he had a significant influence no grupo de poetas coñecidos como [[The Movement]], entre eles [[Phillip Larkin]].<ref>Donald Davie (1973) ''Thomas Hardy and British Poetry''. London: Routlefge and Kegan Paul, 1973.</ref>
 
Moitas das súas obras de ficción publicáronse por partes en revistas localízandose nunha rexión semificticia de Wessex, explorando a tráxica loita dos personaxes contra as súas paixóns e as circunstancias sociais.
Liña 16:
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1840]]