Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 21:
'''Florencio Vaamonde Lores''', nado en [[Ouces, Bergondo|Ouces]] ([[Bergondo]]) o [[2 de abril]] de [[1860]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de outubro]] de [[1925]], foi un historiador e escritor galego. O seu irmán [[César Vaamonde Lores|César]] foi un destacado historiador.
 
== Traxectoria ==
Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en [[1878]] se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do [[Literatura galega do Rexurdimento|Rexurdimento]], preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da [[Real Academia Galega]] ([[1906]]) e colaborou na ''[[Revista Gallega]]'' de [[Galo Salinas]]. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, ''Os Calaicos'' [[1894]], que canta as fazañas de [[María Pita]] (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
 
Liña 28:
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como ''Odas de Anacreonte'' (1897). Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Sentados, de e. a d., Ojea, Murguía, Curros e Martínez Salazar. De pé Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Tettamancy e Eladio Rodríguez.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita, [[Uxío Carré Aldao]], Florencio Vaamonde Lores, [[Francisco Tettamancy]] e [[Eladio Rodríguez González]]. Sentados, [[José Ogea]], [[Manuel Murguía]], [[Manuel Curros Enríquez]] e [[Andrés Martínez Salazar]], na [[A Coruña|Coruña]], en outubro de [[1904]].]]
=== Poesía ===
* ''Os Calaicos'', [[1894]].<ref>[http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias#paxinas.do?id=675 ''Os Calaicos. Poema en cuatro cantos'']</ref>
* ''Mágoas'', [[1901]].
* ''Follas ao vento'', [[1919]].
 
=== Prosa ===
* ''Bestas bravas'', [[1923]].
* ''Anxélica'', [[1925]].
 
=== Ensaio ===
* ''Historia de Betanzos'', 1886.
* ''Resume da Historia de Galicia'', [[1899]].<ref>[http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias#paxinas.do?id=43 ''Resume da Historia de Galicia'']</ref>
* ''Historia de la Agricultura en Galicia'', [[1910]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2002PDF/2002%20455_466.pdf Don Florencio Vaamonde Lores, traductor de Virgilio al gallego], Mª Teresa Amado Rodríguez, ''Anuario Brigantino 2002'', núm. 25, p. 455 a 466.
* [http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=-1956873600000&id=947 Ficha na RAG]
* [http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100005448 Ficha do autor en Xerais]
 
{{ORDENAR:Vaamonde Lores, Florencio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]