John Reed: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''John Reed''', nado o [[22 de outubro]] de [[1887]] en [[Portland, Oregon]], e finado en [[Moscova]] o [[19 de outubro]] de [[1920]], foi un [[xornalista]] e escritor [[Estados Unidos de América|estadounidense]] e activista e político [[comunista]].
 
== Traxectoria ==
Procedente dunha familia acomodada de [[Oregon]], fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de [[Francia]], [[Italia]], [[Alemaña]], [[Turquía]] e [[Rusia]] na [[Primeira Guerra Mundial]]. O réxime zarista encarcelouno en [[1916]] polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra ''[[Ten Days that Shook the World]]'' (Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á [[Revolución Rusa de 1917|revolución bolxevique]]. De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o [[Partido Comunista dos Estados Unidos]], mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a [[URSS]], onde falecería de [[tifo]] ao ano seguinte.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|John Reed (journalist)}}
=== Bibliografía ===
* Reed, J. (2009) ''Diez días que estremecieron el mundo'', Biblioteca Pensamiento Crítico, Público.
=== Ligazóns externas ===
* [[Ficheiro:Loudspeaker rtl.svg|15px]] [http://www.rtve.es/alacarta/audios/vidas-contadas/vidas-contadas-john-reed-14-02-12/1321973/ ''Vidas Contadas''] en [[RNE]] {{es}}.
 
{{ORDENAR:Reed, John}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]