Eduardo Cobián Roffignac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Eduardo Cobián Roffignac''', nado en [[Pontevedra]] o [[19 de marzo]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[20 de abril]] de [[1918]], foi un [[político]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa formación escolar en Pontevedra, seguindo no Colexio Libre Municipal dos Escolapios en [[Celanova]], e tras acadar o bacharelato, iniciou [[Dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Abandonou os estudos en [[1874]], pero retomou a carreira en [[1876]] na [[Universidad Complutense|Universidad Central]] de [[Madrid]], rematándoa en [[1878]]. Ese mesmo ano casou con [[Luisa Benita Fernández de Córdoba Romero]], neta de [[Fernando Fernández de Córdova]].
 
En [[1880]] ingresou no Colexio de Avogados de [[Xetafe]], onde abriu un despacho. En [[1883]] afiliouse ao Colexio de Avogados de [[Madrid]]. Brillante avogado, a súa fama propiciou a expansión do seu bufete, que en [[1897]] contaba con despachos en [[Valladolid]], [[Chinchón]] e Xetafe, chegando anos máis tarde a defender a [[María Cristina de Habsburgo-Lorena]] e ao Conde de San Bernardo. En 1906 foi nomeado avogado da Casa Real, dimitindo en xullo de 1910 trala entrega da [[illa de Cortegada]] ao intendente de Palacio, o Marqués de Borja.
 
=== Vida política ===
En [[Eleccións Xerais 1884 en España|1884]] presentouse ás eleccións ao [[congreso dos Deputados]] pola circunscrición de Xetafe, pero non saíu elixido. Conseguiuno [[Eleccións Xerais 1886 en España|dous anos despois]] polo distrito da [[A Cañiza|Cañiza]]. Tanto nas [[Eleccións Xerais 1893 en España|eleccións de 1893]] como nas de [[Eleccións Xerais 1896 en España|1896]] accedeu polo distrito de [[Xinzo de Limia]]. En [[1898]] pasouse ao [[Senado de España|Senado]], colaborando con asuntos relativos á defensa. En [[Eleccións Xerais 1901 en España|1901]] volveu ao Congreso, repetindo como deputado por Xinzo de Limia até a súa morte. Foi nomeado [[Ministerio de Marina de España|Ministro de Marina]] en [[1903]] e [[1905]]. Trala morte de [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]], os ''villaverdistas'' agrupáronse en torno ao avogado pontevedrés. O grupo ''villaverdista'' disolveuse o [[17 de xullo]] de [[1906]], e varios deles, como [[Santiago Alba|Alba]], [[Rafael Gasset Chinchilla|Gasset]] ou Burell, integráronse no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]].
 
Liña 20:
{{Sucesión| título = [[Ministerio de Economía e Facenda de España|Ministro de Facenda]] | período = [[1910]] - [[1911]]| predecesor = [[Juan Alvarado y del Saz]]| sucesor = [[Tirso Rodrigáñez y Sagasta]]}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |coautores= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2}}
* Comín, F. [[et alii]]. ''La Hacienda desde sus ministros. Del 98 a la guerra civil''. Prensas Universitarias de Zaragoza. Zaragoza, 2000. ISBN 84-7733-540-0 {{es}}.
* González Clavijo, P.: ''Las calles de Pontevedra''. Deputación de Pontevedra, 2008. ISBN 978-84-8457-312-8 {{es}}.
 
{{ORDENAR:Cobian Roffignac, Eduardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]