Diferenzas entre revisións de «Guillaume Apollinaire»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(agora faise en d:Wikidata)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky''', coñecido como '''Guillaume Apollinaire''', nado en [[Roma]] o [[26 de agosto]] de [[1880]] e finado en [[París]] o [[9 de novembro]] de [[1918]], foi un escritor e crítico de arte [[Francia|francés]].
 
== Traxectoria ==
Fillo dunha condesa [[Polonia|polaca]], dende [[1902]] foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a [[Pablo Picasso]], [[Max Jacob]], [[André Salmon]], [[ Marie Laurencin]], [[André Derain]], [[Blaise Cendrars]], [[Pierre Reverdy]], [[Jean Cocteau]], [[Erik Satie]], [[Ossip Zadkine]] e [[Marcel Duchamp]].
 
En [[1909]] publicou o seu primeiro libro ''O encantador en putrefacción'', baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, ''O bestiario ou o cortexo de Orfeo'' (1911) e ''Alcoois'' (1913) reflicten a influencia do [[simbolismo]], con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico ''Os pintores cubistas'', defensa do novo movemento como superación do [[realismo]]. No [[1916]] publicou o libro de [[relato]]s ''[[O poeta asasinado]]''.
 
{{ORDENAR:Apollinaire, Guillaume}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
393.002

edicións