Enrique Peinador Vela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Sabino Enrique Peinador Vela''', nado en [[Pontevedra]] o [[7 de outubro]] de [[1847]] e finado en [[Mondariz]] o [[6 de outubro]] [[1917]] foi un médico e empresario galego.
 
== Traxectoria ==
En [[1869]] licenciouse en Medicina pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], establecéndose en Pontevedra e dedicándose ao estudo dos centros hidrolóxicos da provincia. En [[1871]] foi nomeado director do Balneario de [[Caldelas de Tui]]. En [[1872]] descubriu o manancial da Gándara, en [[Mondariz-Balneario]], e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, [[Gumersindo Ramón Peinador Vela]], obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador". En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en [[1898]] inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906, en que o relevou o seu fillo [[Enrique Peinador Lines]].
 
Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocarril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-[[O Porriño]]. Posuía unha imprenta na que se editaron numerosas publicacións. Foi vogal da Cámara de Comercio de Vigo.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= "A fortuna que xurdiu das augas" in Empresarios de Galicia|nome= Luis|apelidos= Domínguez Castro|ligazónautor= |coautores= Xosé Ramón Quintana garrido|ano= 2006|editor= CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia|localización= |isbn= |páxina= |páxinas= 184-203}}
 
{{ORDENAR:Peinador Vela, Sabino Enrique}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]