Diferenzas entre revisións de «Claudio Cuveiro»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Claudio Cuveiro González''', nado en [[Pontevedra]] e finado en [[Barcelona]] o [[27 de decembro]] de [[1915]], foi un xornalista e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Colaborou, xunto con [[Antolín Esperón]] e [[Manuel Ángel Couto]], no semanario ''[[Las Musas del Lérez]]'' de Pontevedra. Escribiu artigos para os xornais ''[[El Alerta]]'' (1864-1865) e ''[[El Buscapié (Pontevedra)|El Buscapié]]'' (1865-1868), e para a ''[[Revista de Primera Enseñanza]]'' (1865-1870). Dirixiu o ''[[Diario de Pontevedra]]'' en 1879. Como autor teatral estreou en [[1881]] no Teatro Variedades de [[Madrid]] a peza ''Qué noche!'' Tamén foi animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con [[Octavio Lois Amado]] ou [[Heliodoro Gastañaduy]]. Escribiu un ''Tratado de la buena educación o sean Reglas para conducirse los niños en sociedad'' (1866) con [[José Benito Juncal]], a comedia ''Furor de asociación'' (estreada en 1866) e publicou a primeira versión en castelán da obra de [[Ernst Haeckel]] ''Natürliche Schöpfungsgeschichte'' (1868) co título ''Historia de la creación de los seres orgánicos'' (1878).
{{Commonscat}}
{{ORDENAR:Cuveiro Gonzalez, Claudio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
393.002

edicións