Prudencio Canitrot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Prudencio Canitrot Mariño''', nado en [[Pontevedra]] en xaneiro de [[1883]] e finado en [[Madrid]] o [[24 de xaneiro]] de [[1913]], foi un pintor, ilustrador e xornalista [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Sobriño de [[José Millán]]. Tiña interese pola pintura e empezou a pintar e cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en [[Pontevedra]], logo tivo un estudio e co tempo decidiu marchar para converterse en artista. Destacou como paisaxista e ilustrou varios libros da súa época. Estivo dous anos percorrendo [[Portugal]] e [[ Francia]] ata chegar a [[Madrid]] a finais de 1903. Abandonou a pintura para dedicarse á literatura e ao xornalismo. Colaborou en ''[[La Correspondencia Gallega]]''. Foi corrector da obra de Rosalía. Entre as súas obras destacan ''San Benito de Lérez'', ''Unha romería en Galicia'' e ''Paisaje de las cercanías de Pontevedra''. Por afinidade artística pode incluírse na [[Xeración Doente]]. Foi premiado polos seus relatos polas revistas ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'' e ''[[El Liberal]]''. Organizou a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912). Dirixiu, xunto a [[Luís Antón del Olmet]], a "Biblioteca de Escritores Gallegos" e colaborou nas principais revistas españolas e americanas como ''[[Suevia (1910)|Suevia]]''. Tamén participou no [[Rexionalismo galego]] en 1910 cando coñeceu a [[Basilio Álvarez]] e implicouse con [[Acción Gallega]] facendo campaña pola redención foral.
 
== Obras ==
* ''Cuentos de abades y aldeas'', 1909.
* ''Rías de ensueño. Impresiones de Galicia'', 1910.
* ''Ruínas'', 1910.
* ''El Camino de Santiago'', 1910.
* ''Suevia'', 1911.
* ''La última pirueta'', 1913.
* ''La luz apagada'', 1914.
* ''El señorito rural''.
* ''Tragedias ridículas y otras narraciones''.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]].
* [[Carlos Gegúndez|Gegúngez López, C.]]: ''Canitrot. 100 anos de esquecemento'' [http://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=126]. Alvarellos, 2013.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/01/20/prudencio-canitrot-morreu-moi-novo-impediu-fose-reconecido-merece/743948.html "Prudencio Canitrot morreu moi novo, eso impediu que fose recoñecido como merece"] Entrevista en ''[[Faro de Vigo]]''
* [http://www.obispadodeourense.com/inst/ensenanza/mayor/biblioteca/bibliofilia/entrega001/entrega001.html Biblioteca do Seminario Maior "Divino Maestro"]
 
{{ORDENAR:Canitrot Marinno, Prudencio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]