Diferenzas entre revisións de «Emilio Salgari»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(*flamenco>flamengo)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Emilio Salgari''', nado en [[Verona]] o [[21 de agosto]] de [[1862]] e finado en [[Turín]] o [[25 de abril]] de [[1911]], foi un [[escritor]] e [[xornalismo|xornalista]] [[italia]]no. Escribiu principalmente novelas de aventuras, ambientadas en lugares variados como [[Malasia]], o [[mar Caribe]], a selva [[india]], o deserto e a selva [[África|africana]], o oeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], as selvas de [[Australia]] ou os [[Océano Ártico|mares árticos]]. Entre os personaxes creados por este autor destaca o [[piratería|pirata]] [[Sandokán]].
 
== Traxectoria ==
Emilio Salgari naceu nunha familia de pequenos comerciantes. En 1878 comezou os estudos no Real Instituto Técnico Naval Paolo Sarpi de [[Venecia]], pero non chegou a obter o título de capitán de gran cabotaxe. A súa formación como mariño foron unhas viaxes de aprendizaxe nun navío escola e unha travesía no mercante ''Italia Una'' durante tres meses polo [[mar Adriático]], atracando no peirao de [[Brindisi]].
 
As circunstancias económicas da familia foron facéndose cada vez máis difíciles, malia o traballo incansable de Salgari para manter un respectable decoro [[burguesía|burgués]]. O seu desequilibrio psíquico e a [[loucura]] da súa esposa, internada no psiquiátrico de [[Collegno]], levárono ao suicidio. Logo dun intento errado en 1909, matouse abríndose o ventre cun coitelo seguindo o rito [[Xapón|xaponés]] do ''[[seppuku]]''. Deixou escritas tres cartas: aos fillos, aos editores e aos directores da prensa de Turín.
 
== Obra ==
Segundo o seu biógrafo [[Felice Pozzo]], Salgari escribiu 84 novelas e un gran número de relatos curtos. A maior parte son novelas de aventuras ambientadas en lugares exóticos, aínda que cultivou tamén a ciencia ficción, coa atípica novela ''Le meraviglie del Duemila'' (1907). Algunhas das súas obras están relacionadas entre si, constituíndo extensos ciclos narrativos protagonizados polos mesmos personaxes.
 
=== Ciclo ''Piratas de Malasia'' ===
O protagonista deste ciclo de 11 novelas, o máis extenso de Salgari, é o pirata [[Sandokán]], alcumado «o tigre de [[Malasia]]», un príncipe de [[Borneo]] desposuído do trono polo [[colonialismo]] [[Reino Unido|británico]]. Os seus principais inimigos son os británicos (especialmente o «[[rajá]] blanco» de [[Sarawak]], [[James Brooke]], personaxe que existiu realmente). Destaca esta visión nunha época en que a narrativa occidental glorificaba o [[colonialismo]], como por exemplo a obra de [[H. Rider Haggard]].
 
* ''I misteri della jungla nera'' (1895)
* ''Le due tigri'' (1904)
* ''Il re del mare'' (1906)
* ''Alla conquista di un impero'' (1907)
* ''Sandokan alla riscossa'' (1907)
* ''La riconquista del Mompracem'' (1908)
* ''Il bramino dell'Assam'' (1911)
* ''La caduta di un impero'' (1911)
* ''La rivincita di Yanez'' (1913)
 
=== Ciclo ''Piratas das Antillas'' ===
Este ciclo está constituído por cinco novelas. A acción desenvólvese no [[mar Caribe]] durante o [[século XVII]], época de esplendor da piratería. O protagonista principal é o Corsario Negro, Emilio di Roccabruna, señor de [[Ventimiglia]], un nobre italiano que adopta a piratería como método de vinganza contra o [[Flandes|flamengo]] Wan Guld, gobernador de [[Maracaibo]], que asasinara a un dos seus irmáns. Inicialmente o Corsario Negro loita xunto aos seus outros dous irmáns, o Corsario Verde e o Corsario Vermello, que terminan sendo aforcados polo seu adversario.
 
O Corsario Negro, como ocurre con frecuencia nas novelas de Salgari, namora da filla do seu inimigo, Honorata de Wan Guld, coa que ten un breve idilio. Froito do seu matrimonio nace Iolanda, protagonista da terceira novela xunto co antiguo lugarteniente do corsario, Morgan. Nos dous últimos títulos toma o relevo como protagonista Enrico di Ventimiglia, fillo do Corsario Vermello.
 
* ''Il Corsaro Nero'' (1898; traducida ao galego por Silvia Gaspar como ''[[O corsario negro]]'')
* ''La regina dei Caraibi'' (1901)
* ''La figlia del Corsaro Nero'' (1905)
* ''Il figlio del Corsaro Rosso'' (1908)
* ''Gli ultimi filibustieri'' (1908)
 
=== Ciclo ''Piratas das Bermudas'' ===
* ''''I corsari delle Bermude'' (1909)
* ''La crociera della Tuonante'' (1910)
* ''Straordinarie avventure di Testa di Pietra'' (1911)
 
=== Ciclo ''Aventuras no Far-West'' ===
* ''Sulle frontiere del Far-West'' (1908)
* ''La scotennatrice'' (1909)
* ''Le selve ardenti'' (1910)
 
=== Ciclos menores ===
* ''Capitan Tempesta'' (1905)
* ''Il leone di Damasco'' (1910)
 
* ''Le stragi delle Filippine'' (1897)
* ''Il Fiore delle Perle'' (1901)
 
* ''I figli dell'aria'' (1904)
* ''Il re dell'aria'' (1907)
 
* ''Il tesoro del presidente del Paraguay'' (1894)
* ''Il continente misterioso'' (1894)
 
=== Novelas independentes ===
* ''''La favorita del Mahdi'' (1887)
* ''Duemila leghe sotto l'America'' (1888)
* ''La scimitarra di Budda'' (1892
* ''I pescatori di balene'' (1894)
* ''Le novelle marinaresche di Mastro Catrame'' (1894)
* ''Un dramma nell'Oceano Pacífico'' (1895)
* ''Il re della montagna'' (1895)
* ''I naufraghi del Poplador'' (1895)
* ''Al Polo Australe in velocipede'' (1895)
* ''Nel paese dei ghiacci'' (1896)
* ''I drammi della schiavitù'' (1896)
* ''Il re della Prateria'' (1896)
* ''Attraverso l'Atlantico in pallone'' (1896)
* ''I naufragatori dell'Oregon'' (1896)
* ''I Robinson italiani'' (1896)
* ''I pescatori di Trepang'' (1896)
* ''Il capitano della Djumna'' (1897)
* ''La rosa del Dong-Giang'' (1897)
* ''La città dell'Oro'' (1898)
* ''La Costa d'Avorio'' (1898)
* ''Al Polo Nord'' (1898)
* ''La capitana del Yucatan'' (1899)
* ''Le caverne dei diamanti'' (1899)
* ''Le avventure di un marinaio in Africa'' (1899)
* ''Il figlio del cacciatore d'orsi'' (1899)
* ''Gli orrori della Siberia'' (1900)
* ''I minatori dell'Alaska'' (1900)
* ''Gli scorridori del mare'' (1900)
* ''Avventure fra le pellirosse'' (1900)
* ''La Stella Polare e il suo viaggio avventuroso'' (1901)
* ''Le stragi della China'' (1901)
* ''La montagna d'oro'' (1901)
* ''I naviganti della Meloria'' (1902)
* ''La montagna di luce'' (1902)
* ''La giraffa bianca'' (1902)
* ''I predoni del Sahara'' (1903)
* ''Le pantere di Algeri'' (1903)
* ''Sul mare delle perle'' (1903)
* ''L'uomo di fuoco'' (1904)
* ''I solitari dell'Oceano'' (1904)
* ''La città del re lebbroso'' (1904)
* ''La gemma del fiume rosso'' (1904)
* ''L'eroina di Port Arthur'' (1904)
* ''Le grandi pesche nei mari australi'' (1904)
* ''La sovrana del campo d'oro'' (1905)
* ''La perla sanguinosa'' (1905)
* ''Le figlie dei Faraoni'' (1905)
* ''La stella dell'Araucania'' (1906)
* ''Le meraviglie del Duemila'' (1907)
* ''Il tesoro della montagna azzurra'' (1907)
* ''Le aquile della steppa'' (1907)
* ''Sull'Atlante'' (1907)
* ''Cartagine in fiamme'' (1908)
* ''Una sfida al Polo'' (1909)
* ''La Bohème italiana'' (1909)
* ''Storie rosse'' (1910)
* ''I briganti del Riff'' (1911)
* ''I predoni del gran deserto'' (1911)
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Category:Emilio Salgari}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.intratext.com/IXT/ITA2627/ Colección de obras de Emilio Salgari] {{it}}.
 
{{ORDENAR:Salgari, Emilio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Italia]]
[[Categoría:Escritores en lingua italiana]]
393.002

edicións