Wilhelm Dilthey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Wilhelm Dilthey''', nado en Biebrich o [[19 de novembro]] de [[1833]] e finado en Seis o [[1 de outubro]] de [[1911]] foi un filósofo alemán, pai do historicismo filosófico.
 
== Traxectoria ==
Estudou en [[Heidelberg]] e [[Berlín]]. Foi profesor en [[Basilea]], Kiel, Breslau e Berlín.
 
== Pensamento ==
=== Reciprocidade entre historia e vida ===
Integra na evolución histórica a comprensión da vida. O concepto de vida humana é central no seu pensamento. A filosofía non é unha esixencia simplemente intelectual senón vital. A filosofía ten que abranguer os problemas da vida que son experimentados a través da [[historia]]. Aínda que xa [[Hegel]] potenciara a dimensión histórica da razón esta, na súa filosofía, seguía sendo un despregue da idea e polo tanto fundamentalmente unha razón lóxica afastada da vida como historia.
 
Liña 13:
Debe superarse a relatividade histórica e o subsecuente escepticismo así como o saber pechado e rigoroso (a [[metafísica]]). Precísase unha idea xeral da totalidade a través das concepcións do mundo. Estas, máis que da vontade de coñecer, nacen das actitudes vitais. A metafísica é inevitable en canto que necesitamos poñer orde e orientarnos no medio dos enigmas da vida, pero a metafísica é unha tarefa aberta.
 
=== As ciencias do espírito ===
Dilthey busca un fundamento gnoseolóxico ás ciencias do espírito, os límites dentro dos cales é posible en cada unha delas o coñecemento. A solución a esta tarefa a denomina como Crítica da razón histórica, en paralelo á crítica da razón pura de [[Inmanuel Kant]].
 
Liña 20:
As ciencias do espírito parten da conexión psíquica dada na experiencia interna e teñen como obxecto o home na súa totalidade. O coñecemento da realidade histórico-social lévase a cabo nas ciencias do espírito.
 
== Obras ==
* ''Einleitung in die Geitesswissenschaften''(1883)
* ''Der Aufbau der geschichtlisen Welt in den Geistesswissenschaften'' (1910)
 
{{ORDENAR:Dilthey, Wilhelm}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Alemaña]]
[[Categoría:Nados en 1833]]