Enrique Campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
Sendo aínda un rapaz entrou xa en relación con Casto Sampedro, que en [[1894]] fundara a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Casto Sampedro apreciou axiña a calidade dos debuxos de Enrique e a súa capacidade de traballo e de observación, ata o punto de nomealo socio de mérito da Sociedade o [[28 de decembro]] de [[1906]], con só 16 anos. Desde ese momento converteuse en debuxante oficial e colaborador habitual da mesma.
 
Enrique Campo debuxou centos de edificios, monumentos, [[petróglifo]]s, [[heráldica|escudos]] e distintas pezas de arte, ó longo das continuas viaxes que realizou por terras de Pontevedra, só ou acompañando os membros da Sociedade. Especialmente produtiva foi a viaxe que realizou desde maio a outono de [[1909]], xunto o gravador compostelán [[Enrique Mayer]], co propósito de recoller material para a Exposición Rexional Galega que [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]], entre outros, organizou en [[Santiago de Compostela|Santiago]] a finais dese mesmo ano, e na que Enrique Campo foi designado delegado da sección arqueolóxica. Durante o percorrido escribiu un ''Diario'' no que detallaba os itinerarios seguidos: o Morrazo, Vigo, Tui, Baiona, Gondomar, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra, Ribadavia, Melón, O Carballiño e Cea, para regresar por terras do Deza e o Ulla ata rematar en Santiago. No diario engadiu comentarios artísticos, topográficos e etnográficos, que publicou [[Xosé Filgueira Valverde|Xosé Filgueira]] en [[1944]].
 
Rematada esta xeira e a montaxe da Exposición, en outubro de 1909 marchou a [[Madrid]] para cursar estudos artísticos, cunha bolsa concedida pola [[Deputación de Pontevedra]], que simultaneaba cun traballo de administrativo na Compañía de Tabacos. Como mantén o seu interese pola [[arqueoloxía]], decide organizar pequenas viaxes polas cercanías de Madrid e na primeira que fai descobre, o 8 de decembro, unha [[altar|ara romana]] nas proximidades da Ponte dos Franceses, a primeira ara romana que se atopaba en Madrid e que hoxe se conserva no [[Museo Arqueolóxico Nacional de España|Museo Arqueolóxico Nacional]]. O achado serviulle para ser nomeado membro correspondente da Real Academia de Historia en [[1910]].
Liña 30:
O [[Museo de Pontevedra]] conserva máis de 500 debuxos e [[acuarela]]s, procedentes dos fondos da Sociedade Arqueolóxica e da colección Sampedro. Ó valor artístico das obras únese o valor técnico e documental ó testemuñar monumentos, edificios ou elementos artísticos hoxe desaparecidos ou profundamente modificados.
 
== Galería de imaxes ==
<Gallery>
Ficheiro:Enrique Campo no Lombo da Costa en 1908 por F Zagala.jpg|Fotografía de Enrique Campo en 1908, feita por Francisco Zagala.
Liña 37:
</Gallery>
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Filgueira Valverde]] et al., ''Enrique Campo'' (1989), Deputación de Pontevedra.
* Catálogo da exposición ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.museo.depo.es/coleccion/seculo.xix/ga.03050002.html "Río dos gafos", óleo de Enrique Campo]
 
{{ORDENAR:Campo Sobrino, Enrique}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]