Ramón Bernárdez González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Ramón Bernárdez González''', nado no [[O Carballiño|Carballiño]] en [[1838]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[16 de xuño]] de [[1911]], foi un sacerdote e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Licenciado en Dereito civil e canónico. Rematada a carreira eclesiástica, foi párroco de [[Oza, Teo|Oza]], pasou logo a [[Biduído, Ames|Biduído]] e despois a [[Laraño, Santiago de Compostela|Laraño]]. Foi abade da Colexiata da Coruña e simpatizante do movemento rexionalista liberal. A comezos de 1893 participou, con representantes do rexionalismo e do republicanismo, na mobilización contra o traslado, finalmente truncado, da [[Capitanía Xeneral de Galicia|Capitanía Xeneral]] da [[A Coruña|Coruña]] até [[León, España|León]]. Formou parte da Xunta de Defensa e padeceu algúns días de cadea xunto con outros corenta membros. Este feito, xunto coa actitude reivindicativa pouco habitual nos homes da Igrexa, outorgoulle popularidade. En [[1907]] participou na constitución de [[Solidaridad Gallega]], alentou a publicación de ''[[Galicia Solidaria]]'' e convocou e fallou o concurso que premiou o ''Catecismo Solidario'' de [[Uxío Carré Aldao]]. Foi membro da [[Real Academia Galega]] desde a súa fundación o 4 de setembro de 1905.
 
== Obras ==
* ''Responsabilidad moral'', 1883.
* ''Liberalismo: ¿quid est?'', 1890.
* ''Reseña histórica y descriptiva de Santa María del Campo de la ciudad de La Coruña'', 1892.
* ''La Eucaristía'', 1899.
* ''Historia primitiva'', 1902.
 
{{ORDENAR:Bernardez Gonzalez, Ramon}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]