Diferenzas entre revisións de «William James»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (engado a Categoría:Finados en 1910 mediante HotCat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''William James''', nado o [[11 de xaneiro]] de [[1842]] en [[Nova York]] e finado en Chocorua ([[Nova Hampshire]]) o [[26 de agosto]] de [[1910]], foi un psicólogo e filósofo estadounidense.
 
== Traxectoria ==
Criado nunha familia de tradición [[calvinismo|calvinista]], é irmán de [[Henry James]]. Primeiramente estudou [[medicina]] para despois ocuparse da [[psicoloxía]] e a [[filosofía]]. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. [[John Dewey]] foi alumno seu.
 
== Pensamento ==
=== Psicoloxía ===
Falou do ''stream of consciouness'', é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa ''teoría periférica'' das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.
 
=== Filosofía ===
Defendeu o [[pragmatismo]]. Considera que non pode haber unha diferencia que non faga unha diferencia. A función da filosofía consiste na pescuda da diferencia que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, [[verdade]] é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.
 
== Obras ==
* ''The principles of psicology''.
* ''The Will to Believe''.
* ''Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking''.
* ''The Meaning of Thruth''.
* ''Pluralistic Universe''.
* ''Essays in Radical Empiricism''.
* ''Some Problems of Philosophy''.
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Category:William James (psychologist)}}
 
{{ORDENAR:James, William}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Personalidades da psicoloxía]]
393.002

edicións