Gleb Uspenskii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Uspenskii naceu na cidade de [[Tula]], onde o seu pai era un oficial do goberno. Asistiu aos ximnasios de Tula e [[Chernígov]], dedicando gran parte do seu tempo á lectura dos clásicos rusos. Estudou na [[Universidade de San Petersburgo]] durante un curto período de tempo en [[1861]], ata que esta foi temporalmente pechada por disturbios estudantís. Entón, mudouse á [[Universidade de Moscova]], pero en [[1863]] foi forzado a abandonala sen graduarse, debido á falta de diñeiro. A morte do seu pai en [[1864]] deixouno coa responsabilidade adicional de coidar da súa familia.
 
=== Profesión ===
Os primeiros traballos de Uspenskii publicáronse en [[1862]], no xornal de [[Lev Tolstoi]] ''Yasnaya Poliana'', e no xornal ''Spectator''. Entre 1864 e 1865 contribuíu no xornal ''Ruskoe Slovo'' (A Palabra Rusa), e entre [[1865]] e [[1866]], no ''[[Sovremennik]]'' (O Contemporáneo). En 1866 publicou unha serie de debuxos sobre o campesiñado, baixo o título de ''As Costumes da Rúa Rastaraev'', que lle valeu certa reputación. En 1868 se converteuse nun dos principais colaboradores da popular revista ''Notas da Patria'', traballando con [[Nikolai Nekrasov]] e [[Mijaíl Saltykov-Shchedrín]].
Na década dos setenta, coa mellora das súas finanzas, viaxou considerablemente, entablando relacións cou gran número de revolucionarios [[Populismo|populistas]], tales como [[Piotr Lavrov]] e [[Stepniak]]. Publicou as súas observacións do estranxeiro nun número de traballos, incluíndo ''Cartas de Serbia''.
Liña 33:
 
{{ORDENAR:Uspenskii, Gleb}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua rusa]]
[[Categoría:Escritores de Rusia]]