Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Ryszard Kapuściński''', nado en [[Pińsk]] o [[4 de marzo]] de [[1932]] e finado en [[Varsovia]] o [[23 de xaneiro]] de [[2007]], foi un [[xornalismo|xornalista]], [[escritor]] e [[Ensaio (literatura)|ensaísta]] [[Polonia|polaco]].
 
== Traxectoria ==
[[Pińsk]], a súa cidade natal, pertencía nos anos trinta á provincia polaca de [[Kresy]], na súa fronteira oriental, mais na actualidade é territorio [[Bielorrusia|bielorruso]]. Sufriu na súa infancia as consecuencias da [[Segunda Guerra Mundial]], o que marcou a súa vida e obra posteriores. Despois de estudar Historia e Arte na [[universidade de Varsovia]], comezou a traballar no semanario ''Sztandar Młodych'' a comezos da década de 1950 como reporteiro de asuntos locais. Por unha casualidade foi destinado á [[India]] para facer reportaxes sobre aquel país, como consecuencia da visita do [[Pandit Nehru]] a [[Polonia]] e do achegamento entre os gobernos dos dous países. A partir de aí comezou unha carreira como xornalista internacional por [[China]], [[América Latina]] e sobre todo a [[África]] da [[descolonización]], como único correspondente da [[Axencia Polaca de Prensa]] no mundo en desenvolvemento.
 
A súa produción literaria foi traducida a multitude de idiomas e recibiu unha excelente acollida por parte do público e da crítica amante dos relatos de viaxes. Falaba con fluidez oito idiomas, entre eles o francés, o inglés, o ruso e o español.
 
== Premios e recoñecementos ==
* [[Premio Príncipe de Asturias|Príncipe de Asturias]] de Comunicación e Humanidades, [[2003]].
* Distinguido co título de Xornalista do Século nunha consulta realizada ós lectores da revista mensual ''[[Press]]''.
* Premio J. Parandowski do [[Pen Club]] polaco ([[1989]]).
* Premio Goethe (Hamburgo)
* Premio da fundación A. Jurzykowski (Nova York)
* Premio de l´Astrolabe (Francia)
* Premio dos editores e libreiros alemáns
* Premio da Fundación Turzanski (Toronto)
* Premio Literario Linda das cidades de [[Toruń]] e [[Göttingen]]
* Premio Icaro
* Premio Bruno Kreisky para libros políticos ([[2004]]).
* Doutor ''honoris causa'' pola [[Universidade Ramon Llull]] ([[2005]]).
* Soou como favorito para acadar o [[premio Nobel de Literatura]], pero non o conseguiu.
 
== Obra literaria ==
Ningunha das súas obras foi traducida polo de agora ao galego.
 
* ''Busz po polsku'' (1962).
* ''Czarne gwiazdy'' (1963).
* ''Kirgiz schodzi z konia'' (1968).
* ''Gdyby cała Afryka'' (1969).
* ''Che Guevara - Dziennik z Boliwii'' (1969).
* ''Dlaczego zginął Karl von Spreti?'' (1970).
* ''Chrystus z karabinem na ramieni'' (1975).
* ''Jeszcze dzień życia'' ("Un día máis con vida", 1976). Narra a descolonización portuguesa de [[Angola]] en [[1975]] e as súas consecuencias: a [[Guerra Civil de Angola|guerra civil]] que asolou a rexión ata hai pouco.
* ''Wojna futbolowa'' ("A guerra do fútbol" 1978). Fala sobre diversos conflitos africanos e latinoamericanos. A reportaxe que lle dá título ó libro narra a guerra que mantiveron [[Honduras]] e [[O Salvador]], cuxo detonante foi un partido de fútbol entre as seleccións de ambos países da fase previa do [[Mundial de Fútbol México 1970]].
* ''Cesarz'' (1975). Narra a caída do emperador de [[Etiopía]], [[Haile Selassie]].
* ''Szachinszach'' (1982). Narra a caída do emperador de [[Irán]], o [[xá]] [[Reza Pahlevi]].
* ''Notes'' (1986). Poesía.
* ''Lapidarium'' (1990).
* ''Imperium'' (1993). Sobre o derrubamento da [[Unión Soviética]].
* ''Lapidarium II'' (1995).
* ''Lapidarium III'' (1997).
* ''[[Heban]]'' (1998). Contén reportaxes localizadas en varios países de África.
* ''Lapidarium IV'' (2000).
* ''Z Afryki'' (2000). Álbum fotográfico.
* ''Lapidarium V'' (2001).
* ''Los cínicos no sirven para este oficio'' (2000). Editado en [[lingua castelá|castelán]], recompila entrevistas e conversas moderadas por [[Maria Nadotti]].
* ''Autoportret reportera'' (2003).
* ''Podróże z Herodotem'' (2004). Conta os seus comezos como xornalista e a axuda que lle proporcionou a lectura da ''[[Historia (Herodoto)|Historia]]'' de [[Herodoto]].
* ''Prawa natury'' (2006).
* ''Ten Inny'' (2006).
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.kapuscinski.info Web non oficial] {{en}}
 
{{ORDENAR:Kapuscinski, Ryszard}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]
381.175

edicións