Hans-Georg Gadamer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:DC260-mh15922.jpg|dereita|miniatura|300px|Gadamer (á dereita) con [[Wassili Lepanto]].]]
 
'''Hans-Georg Gadamer''', nado en [[Breslau]] o [[11 de febreiro]] de [[1900]] e finado en [[Heidelberg]] o [[13 de marzo]] de [[2002]], foi un filósofo [[Alemaña|alemán]].
 
== Traxectoria ==
Formado inicialmente en [[Marburgo]] baixo a supervisión do neokantiano [[Paul Natorp]], empezou a construír o seu propio pensamento a partir das influencias de [[Martin Heidegger]], [[Wilhelm Dilthey]], [[Friedrich Schleiermacher]] e o seu interese pola reflexión sobre a arte, creando así a denominada ''Hermenéutica filosófica''. Centrado durante toda a súa vida no desenvolvemento deste pensamento foi profesor en [[Leipzig]], [[Frankfurt]] e [[Heidelberg]], onde se xubilou como catedrático de filosofía.
 
Como escritos seus relevantes pódense salientar, ademais da obra fundamental ''Wahrheit und Methode'' ("Verdade e método", 1960), ''O problema da conciencia histórica'' (1963) ''A dialéctica de [[Hegel]]'' (1971) e ''Die Aktualität der Schönen'' (1977).
 
== Pensamento ==
O proxecto gadameriano consiste, esencialmente, nunha reconstrución da [[hermenéutica]] a partir da fusión de certas ideas de [[Martin Heidegger|Heidegger]] coa filosofía [[Romanticismo|romántica]] e o [[historicismo]] de Dilthey. Do primeiro toma a “hermenéutica existencial” de ''Ser e tempo'' e o seu posterior interese ontolóxico pola [[linguaxe]], dos segundos a revalorización da “tradición” e a “dialéctica” hegeliana modelada baixo a noción de “diálogo” socrático-platónico e, por último, toma de [[Dilthey]] a idea de “consciencia histórica” e a radical distinción entre ''ciencias humanas'' e ''ciencias da natureza''.
 
Liña 20:
 
{{ORDENAR:Gadamer, Hans-Georg}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Alemaña]]
[[Categoría:Nados en 1900]]