Yves Congar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Yves Congar''', nado en [[Sedan, Ardenas]] en [[1904]] e finado en [[1995]], foi un teólogo católico, inicialmente perseguido polo [[Vaticano]], foi un dos artífices intelectuais do [[Concilio Vaticano II]]. [[Xoán Paulo II]] [[Cardeais creados por Xoán Paulo II|creouno cardeal]].
 
== Traxectoria ==
Discípulo do filósofo do [[personalismo]], [[Jacques Maritain]]. Entrou na [[Orde Dominicana]] en 1925. Na [[segunda guerra mundial]] foi feito prisioneiro durante cinco anos nun [[campo de concentración]] nazi. As súas ideas contrarias ao [[nacionalsocialismo]] fixérono acredor dunha especial dureza no trato.
 
Liña 10:
Vítima dunha enfermidade neuronal acabou os seus días impedido fisicamente pero intelectualmente activo. Como compensación a incomprensión e aos anos de sufrida obediencia e silenciamento, [[Xoán Paulo II]] nomeouno [[Cardeal (relixión)|cardeal]].
 
== Pensamento ==
=== Ecumenismo ===
Aunou o método especulativo, propio da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] co método histórico. Buscou un achegamento ao [[protestantismo]] afirmando que a [[Biblia]] é regra para a [[Tradición]] e para a [[Igrexa Católica|Igrexa]]. Pero sostén que é baixo a luz da Tradición e na proclamación na comunidade eclesial onde a Escritura adquire o seu sentido.
 
Nos seus estudos sobre o [[Espírito Santo]], parte dos escritos dos [[Pais da Igrexa]] gregos como [[Atanasio de Alexandría]] e [[Basilio o Grande]] co fin de achegarse a posicións aceptables para a [[Igrexa ortodoxa]], e une, como esta, eclesioloxía e [[pneumatoloxía]]. Para Congar o [[Gran Cisma]], dende o punto de vista dogmático é froito de perspectivas filosóficas diversas, pero expresan unha mesma fe.
 
=== Igrexa ===
Enfatiza que a Igrexa é santa, non en si mesma, ou como cualidade dos seus membros, senón como ámbito da presenza de Deus que se achega á mesquindade e miseria humana (pecado), presente na comunidade eclesial. A extensión da vida divina é gratuíta ([[graza]]) sen mérito por parte da xerarquía e dos fieis que participan dela.
 
Liña 25:
A Congar preocúpalle o papel da xerarquía na Igrexa e non escatima críticas sinceras. Os [[bispo]]s, para el ''están encorvados absolutamente na pasividade e o servilismo'' a Roma. Defende un concepto profundo e radical de obediencia fronte ao simplismo insincero autoridade-súbdito.
 
== Obras ==
* Verdadeiras e falsas reformas da Igrexa (1952)
* Xalóns para unha teoloxía do laicado (1953)
* Principios para un ecumenismo católico (1957)
* Situacións e tarefas pendentes da teoloxía (1967)
* A Igrexa dende San Agustín a época moderna (1970)
* Diario dun teólogo (póstuma)
 
{{ORDENAR:Congar, Yves}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Teólogos católicos]]
[[Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II]]