Yitzhak Rabin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia [[sionismo|sionista]], seu pai, Nehemiah era un xudeu americano de orixe ucraína que viñera a [[Palestina]] para loitar na [[Lexión Xudía]] durante a [[Primeira Guerra Mundial]] coa misión de botar os turcos de Israel e súa nai, Rosa, xudía de orixe rusa foi unha das primeiras integrantes da organización paramilitar [[Haganah]]. Aínda que nado en Xerusalén, a familia residiu primeiro en Haifa e desde 1923 en Tel Aviv <ref> David Horovitz (1996)''Shalom, Friend: The Life and Legacy of Yitzhak Rabin'', Newmarket Press, páx. 26 </ref>. Yitzhak identificouse co sionismo e o socialismo dende a súa mocidade, estudou na escola agrícola Kaduri de [[Galilea]], onde se graduou con distinción, pouco despois en 1941 entrou na [[Palmach]], a forza de elite da [[Haganah]], dirixida por [[Igal Alon]]. A súa primeira acción foi cortar as liñas de teléfono no Líbano <ref>Libby Hughes (2005) ''Yitzhak Rabin: From Soldier to Peacemaker '', páx. 29 </ref>, entón en mans do goberno de Vichy. Ascendeu rapidamente e xa rematada a guerra, en outubro de 1945 dirixiu unha operación para liberar a refuxiados xudeus do campo de detención de Atlite. Durante a guerra de independencia mandou un rexemento, trala creación do Estado de Israel mantense na carreira militar, e chega a xefe de Estado Maior durante a [[guerra dos seis días]]. Deixou o exército en [[1968]], nomeado embaixador en [[Italia]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. En [[1973]] entra no [[Knesset]] co [[Partido Laborista, Israel|Partido Laborista]] e asume o ministerio de traballo, o [[2 de xuño]] de 1974 foi designado líder do partido e sucede a [[Golda Meir]] como primeiro ministro, foi o primeiro [[sabra]] (nado en Israel) en acceder ao posto. Durante o seu segundo mandato xogou un papel destacado nos [[Acordos de Oslo]], que crearon a [[Autoridade Palestina]] e acabou por recoñecer á [[OLP]] o [[9 de setembro]] de [[1993]] logo de Arafat renunciar á violencia. En 1994 recibiu o [[Premio Nobel]] da Paz con [[Shimon Peres]] e [[Yasser Arafat]].
== Notas ==
<references/>
Liña 16:
 
{{ORDENAR:Rabin, Yitzhak}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Primeiros ministros de Israel]]