Rosalyn Sussman Yalow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
o verbo casar non é pronominal
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Rosalyn Sussman Yalow''', nada o [[19 de xullo]] de [[1921]] e finada o [[30 de maio]] de [[2011]], foi unha investigadora en [[física médica]] [[EUA|norteamericana]] gañadora do Premio [[Nobel de Medicina]].
 
== Traxectoria ==
Nada en [[Nova York]] o [[19 de xullo]] de 1921, graduouse no [[1941]] no Hunter College, onde desenvolveu o seu interese en [[física]]. Á vista das dificultades de ser muller (e xudía), colleu un traballo como secretaria dun [[bioquímica|bioquímico]], pero pronto recibiu unha oferta como profesor asistente de física na Universidade de Illinois, pasando a ser a única muller entre 400 membros. Casou no 1943 con Aaron Yalow e acadou o doutorado no [[1945]].
 
Con posterioridade, o seu marido traballou no Hospital de Veteranos da Administración do Bronx, poñendo a punto o servizo de radioisótopos, pasando Rosalyn a desenvolver xunto con Solomon Berson o RIA, unha técnica de trazado de [[radioisótopo]]s que permite a medida de cantidades moi pequenas de varias [[Substancia química|substanciasubstancias]]s biolóxicas no [[sangue]]. De xeito orixinal foi usado para estudar os niveis de insulina na diabete, pero logo foi usada en centeas doutras substancias, incluídas hormonas, vitaminas e enzimas, todas elas demasiado pequenas para ser detectadas. A pesar do seu alto potencial comercial, ambos refusaron patentar o método. No [[1976]], converteuse na primeira muller que recibiu o Albert Lasker Award for Basic Medical Research. O ano seguinte foi o Premio [[Nobel de Medicina]], xunto con [[Roger Guillemin]] e [[Andrew V. Schally]]. Berson tiña morto con anterioridade, polo que non foi considerado para recibilo.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mulleres e Premios Nobel]]
 
{{Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Físicos médicos dos Estados Unidos de América|Yallow]]
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina|Yallow]]