Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra mundial»

sen resumo de edición
(Arranxiños.)
 
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da [[Segunda Guerra Mundial]].
==A Orixeorixe da Guerraguerra==
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño de seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
 
Todo estalou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na primeira guerra balcánica e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte aao seu veciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomán aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios. Unha sociedade segreda militar serbia, A Man Negra, que desde facía cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a Bosnia para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio, un perigo de perder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal, pero Gravilo Princip tivo sorte e matou a seu obxectivo sendo detido, mais seus cómplices fuxiron a Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a presionar a Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partirespartir de aquí as declaracións de guerra entre os diversos imperios europeos segiu en efecto dominó.
 
== Bandos ==
Debido a que a guerra precisaba de máis e máis homes, as potencias recorreron ás súas colonias. O Imperio Británico recibiu tropas canadenses, indias, australianas e neozelandesas. Francia obtivo soldados das súas colonias africanas. Alemaña e Austria apenas tiñan colonias relevantes das que obter novos soldados.
 
== Cronoloxía da Guerraguerra ==
A guerra pasou por diferentes fases:
* '''1ª fase''': durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a Francia. A invasión de Bélxica é exitosa, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica, os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos contudentemente na [[Primeira Batalla do Marne]]. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido aguantar a embestida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou estabilizada tras a [[batalla de Yser]] e apenas se movería ata [[1918]]. A fronte oriental en cambio era moito máis móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero finalmente foron repelidas na [[batalla de Tannenberg]]. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomán atacou o Imperio Ruso a través de [[Armenia]], con escaso éxito.
2.518

edicións