Diferenzas entre revisións de «Charles Thomson Rees Wilson»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Charles Thomson Rees Wilson,''' nado o [[14 de febreiro]] de [[1869]] e finado o [[15 de novembro]] de [[1959]], foi un [[Física|físico]] [[Escocia|escocés]].
 
== Traxectoria ==
Naceu na [[Parroquia civil|parroquia]] de Glencorse (preto de [[Edimburgo]]). Fillo dun granxeiro, John Wilson, e de Annie Clerk Harper. Despois de que o seu pai morrese en [[1873]], a súa familia trasladouse a [[Manchester]]. Foi educado no Owen's College (unha das orixes da Universidade de Manchester), estudando [[bioloxía]] coa intención de covertirse en médico. Despois foi á Universidade de [[Cambridge]] onde se interesou pola [[física]] e a [[química]].
 
A partir de entón interesouse particularmente na [[meteoroloxía]], e en [[1893]] comezou a estudar as nubes e as súas propiedades. Traballou durante algún tempo no [[observatorio]] de [[Ben Nevis]], onde fixo observacións da formación das nubes. Entón intentou reproducir este efecto nunha escala menor no [[laboratorio]] de [[Cambridge]], expandindo aire húmido nun recipiente pechado. Posteriormente fixo experimentos coa creación de rastros de nube na súa cámara causada por [[ión|ións]]s e [[radiación]]. Pola invención da [[cámara de néboa]] recibiu o [[Premio Nobel de Física]] en [[1927]].
 
Casou con Jessie Fraser en [[1908]], a filla dun ministro de [[Glasgow]], e a parella tivo catro fillos. Morreu preto de [[Edimburgo]], rodeado da súa familia.
 
{{ORDENAR:Rees Wilson, Charles Thomson}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Físicos de Escocia|Wilson, Charles]]
393.002

edicións