Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra mundial»

sen resumo de edición
 
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da [[Segunda Guerra Mundial]].
==A Orixe da Guerra==
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país viciño de seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomano e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
 
Todo estalou debido a un conflito de intereses imperialistas na zona dos Balcáns, o reino de Serbia quería expandirse polos territorios veciños, primeiro tentouno na primeira guerra balcánica e logo mediante campañas de propaganda onde afirmaba que era a nación que debía liderar aos pobos eslavos do sur, para iso aliouse con Rusia fronte a seu viciño o Imperio Austrohúngaro, que dominaba a rexión de Bosnia-Herzegovina. Esta rexión habitada por eslavos pero pertencente ao Imperio Otomano aínda que administrada polo Imperio Austrohúngaro, era continuamente obxectivo de axitación nacionalista paneslava por parte dos serbios, unha sociedade segreda militar serbia, A Man Negra, que desde facía cinco anos manexaba os resortes de poder no reino Serbio aproveitou a visita do príncipe austríaco Franz Ferdinand a Bosnia para asasinalo, xa que vían nel e na súa política de reforma para dar maior autonomía aos diversos pobos do imperio un perigo d eperder o protagonismo paneslavo. Os militares ultranacionalistas de Serbia utilizaron unha asociación de mozos serbios moi activos para que desen o golpe, que ao principio saíu mal pero Gravilo Princip tivo sorte e matou a seu obxetivo sendo detido, mais seus cómplices fuxiron a Serbia. Isto foi descuberto polas autoridades austríacas que comezaron a presionar a Serbia para que permitise unha investigación austríaca en chan serbio ao que se negou o seu goberno en reiteradas ocasións ata que Austria enviou un ultimato negociando 15 puntos, que non foron aceptados polo que Austria declarou a guerra a Serbia, a partires de aquí a sdeclaracións de guerra entre os diversos imperios europeos segiu en efecto dominó.
 
 
 
== Bandos ==
418

edicións